O meu correo é danielrios@edu.xunta.es (tamén .gal
). Estarei polo centro todos os días pola mañá excepto os mércores, que teño tarde.
O Decreto 210/2012 do ciclo superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos explica os resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación de todos os módulos (materias). Módulos e horas do ciclo de STI:
O Decreto 135/2013 do ciclo superior de Mantemento Electrónico explica os resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación de todos os módulos (materias). Módulos e horas do ciclo de MEL:
Os Decretos anteriores se realiza na Consellería de Educación (Santiago) a partir dos mínimos establecidos polo MEC (Madrid). Este Decreto contén os currículums de todos os módulos. A nós nos interesa o curriculum de “Inglés Profesional (GS)”, que se atopa no anexo X do Real Decreto 659/2023, de 18 de julio, por el que se desarrolla la ordenación del Sistema de Formación Profesional.
O currículum dun módulo é o temario detallado de cada módulo (materia), cos seus obxectivos, resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.
O currículum se adapta á realidade do centro e do grupo na programación didáctica, que a realiza cada profesor. Podedes descargar as programacións didácticas do meu módulo para este curso aquí:
Este é o voso horario de grupo coas aulas:
Este módulo se imparte na aula 207, que se comparte con outros módulos. O trato das ferramentas e equipos debe ser o correcto, e todo o material debe quedar gardado no seu sitio, deixando todas as armarios pechados, sillas recollidas e equipos apagados ó final da clase. Estado actual dos armarios:
Ó final da clase e sobre todo os venres deixaremos as proteccións eléctricas baixadas e as cadeiras pinzadas cara adiante.
Calquera incumprimento será detectado polo seguinte grupo e recriminado a esta clase (funciona igual para os grupos precedentes).
Sobre os currículums dos ciclos e módulos:
Outra normativa sobre formación profesional: