09 - Laboratorio de probas 5G

Volver ó índice

Rede básica que abarcaría a meirande parte dos contidos do curso:

Esquema lóxico de rede móbil para a aula
Esquema lóxico de rede móbil para a aula

Na primeira edición se podería recortar algo de material. Por exemplo, o ramal inferior do backhaul é redundante e polo tanto non é esencial para o funcionamento da rede. Tamén podemos irnos ó outro extremo e plantexar topoloxías máis complexas para o futuro:

Ampliacións no esquema lóxico proposto
Ampliacións no esquema lóxico proposto

Dado que a core network apenas aparece nos contidos do currículo, deberíamos tratar de reducila á mínima expresión con routers de baixo custo (Router MikroTik RB4011 en diante, Switch CSS610-8G-2S+IN en diante) e unha Raspberry Pi 8GB para que reduza á mínima expresión os planos de control e de xestión. Trátase simplemente de aportar equipos que teñan interface SFP+ (10 Gbps) e permitir reenvío de paquetes a Internet coa Rasbperry. Actualmente se atopan en crecemento varias suites informáticas para a core network (Magma, Open5GS, OpenAirInterface), pero só unha ten soporte para Raspberry Pi e procesadores ARM64. Trátase de srsRAN. Esa é a miña escolla para a primeira edición do curso, pero co tempo tratarei de adquirir servidores x86-64 e probar outras implementacións.

O currículo trata case en exclusividade sobre a RAN (Radio Access Network) é esta debe ser o foco principal das prácticas. En relación con isto, en setembro de 2021 se celebrou o curso “C2101030 - Implementación de redes 5G”. Nel, o poñente Marcos Barbeira da empresa Albe Electricidad (http://albe.es) fixo unha serie de demostracións con equipos de RAN. Imos tomar a súa proposta como referencia para as nosas actividades de mantemento. O groso do material de prácticas se atopa neste rack:

Rack de probas montado por Albe
Rack de probas montado por Albe

O armario contén:

No seguinte esquema se amosa o contido de xeito esquemático:

Estes equipos conforman practicamente toda a RAN do esquema lóxico da primeira figura. O resto de equipos da topoloxía se montan nun mastro autoportante:

RRU Ericsson, interior de antena trisector e ODU Huawei montada sobre mastro autoportante
RRU Ericsson, interior de antena trisector e ODU Huawei montada sobre mastro autoportante

Melloras posibles: Engadir sistema de alimentación redundante.

Selección de UE

UEs (User Equipments) recomendados para facer prácticas:


Estes materiais foron escritos por Daniel Ríos Suárez dentro dunha licencia retribuída no ámbito da modalidade 6 das “Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2021/22" (PDF | HTML). Estes apuntamentos foron deseñados para axudar á impartición do primeiro trimestre do módulo pofesional MP5054 - “Mantemento de infraestruturas e redes 5G” (programación didáctica PDF | HTML) dentro do curso de especialización MELE50 - “Implementación de redes 5G” (currículum PDF | HTML)

Os materiais son propiedade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e contan con licenza Creative Commons “recoñecemento“ - “non comercial” - “compartir igual” (explicación). Están dispoñibles tamén para descargar en .DOCX no apartado “recursos” da web de programacións da Consellería.