05 - Calidade de servizo en redes móbiles

Volver ó curso

Os parámetros que regulan a calidade do servizo (QoS, Quality of Service) en redes se miden cos seguintes KPI (Key Performance Indicators):

Medición entre un nodo e “Internet”

Non existe un lugar chamado “Internet”, Internet é unha rede descentralizada. Tes que ter claro que cando realizas un test de ancho de banda, o que fas é comunicarte cun servidor en Oviedo, Porto… sempre un lugar concreto.

https://www.speedtest.net/

App móbil: iOS | Android

Medición entre dous nodos coñecidos: latencia

Podes medir a latencia co comando ping na terminal de Windows (cmd):

Desde o móbil tamén podes medir o ping coa aplicación Fing (Android | iOS). Antes vimos que a latencia depende do número de saltos. Podes comprobalos co comando traceroute (Linux) ou tracert (Windows).

Lembra que en Windows debes usar o modificador “-t” para que funcione de xeito indefinido.

Medición entro dous nodos coñecidos: throughput, perda de paquetes e jitter

Coñecemento previo: capa 4 (protocolos de transporte):

A aplicación iperf3 pode medir throughput (TCP/UDP) así como jitter e perda de paquetes en UDP. Instala iperf3 para facer estas medicións:

sudo apt install -y iperf3

Iperf3 para Windows: https://iperf.fr/iperf-download.php#windows | para Android: He.net Network Tools

Trátase dunha aplicación cliente-servidor. A aplicación CLI soporta tanto o modo servidor (-s) como cliente (-c 192.168.XXX.YYY). Existen aplicacións de cliente para iOS e para Android.

Por defecto, mide o fluxo de datos TCP desde o cliente ata o servidor (subida). Co modificador -R mide no sentido de baixada. Con -u se usa protocolo UDP, no cal mide a maiores perda de paquetes e jitter.

ATENCIÓN: iperf3 limita o ancho de banda nos tests UDP a 1 Mbps. Para sobrepasar ese límite, debes especificar o flag -b e especificar límite. Exemplo: iperf3 -c 192.168.99.18 -b 1000M Info | Manpage de iperf3 -b

Subida (cliente → servidor). Protocolo TCP
Subida (cliente → servidor). Protocolo TCP
Baixada (servidor → cliente). Protocolo TCP
Baixada (servidor → cliente). Protocolo TCP
Subida (cliente → servidor). Protocolo UDP
Subida (cliente → servidor). Protocolo UDP
Baixada (servidor → cliente). Protocolo UDP
Baixada (servidor → cliente). Protocolo UDP

Tamén é posible facer unha proba bidireccional simultánea especificando --bidir no cliente:

Test bidireccional UDP sobre Wi-Fi
Test bidireccional UDP sobre Wi-Fi

Manual de iPerf 3 | Speedtest de Shadow (sistema de gaming na nube) | hping3 (alternativa a iperf3)

Shadow Speedtest detectando un escalón de 15 ms na latencia, que provoca un impulso no jitter. Como despois a latencia permanece constante, o jitter tende a cero
Shadow Speedtest detectando un escalón de 15 ms na latencia, que provoca un impulso no jitter. Como despois a latencia permanece constante, o jitter tende a cero

Volver ó curso