02b - Radioenlace en banda libre (5 GHz) - MikroTik

Radioenlaces MikroTik SXT (explicación curta)

Access Point (máis preto da nube):

  1. Conetar SXT a portátil, entrar por Winbox. Crear:
  2. Conectar físicamente á Powerbox no bridge CLASE-B
  3. Devolver portátil á rede da aula. PORTA ENLACE 192.168.2.25X
  4. Conectar por Winbox a SXT en 172.16.X.2.
  5. Radio en modo "Bridge". Crear perfil de seguridade só WPA2-PSK

    O modo “Bridge” permite asociar un único cliente á Wi-Fi. Para ter varios terías que usar “AP Bridge”, pero este modo require licencia nivel 4 ou superior.

  6. Levantar Punto acceso Wi-Fi e seleccionar perfil anterior.

CLIENT/STATION (na casa do cliente):

  1. Conetar SXT a portátil, entrar por Winbox. Crear:
  2. Conectar por Winbox a SXT en 172.16.X.3.
  3. Radio en modo "station bridge". Crear perfil de seguridade só WPA2-PSK.
  4. Pulsar "SCAN" Punto acceso Wifi e seleccionar perfil. CONNECT.
  5. Facer ping a 192.168.X.3 desde a Powerbox. ¡¡Radioenlace correcto!!!

Video resumo:

Radioenlaces MikroTik SXT (explicación longa)

Nesta práctica montaremos dúas ODU MikroTik de tipo all-outdoor. Trátanse de placas modelo RB411. Conectarémoslles módulos de radio Wi-Fi estándar “n” formato miniPCI para a banda de 2.4GHz:

RB411 con radio Wi-Fi mPCIe e antena conectada a través de pigtail. A alimentación neste caso se realiza con fonte externa (non con PoE)
RB411 con radio Wi-Fi mPCIe e antena conectada a través de pigtail. A alimentación neste caso se realiza con fonte externa (non con PoE)

Cada placa miniPCI conta con dous streams isto é, dous módulos de radio independentes, cada un cunha capacidade de 150 Mbps (MCS 7). Como as ODUs son idénticas, Isto nos permite dúas combinacións:

Para obter isto, o preferible sería traballar con dúas antenas directivas en ambas polarizacións (un stream horizontal, outro vertical).

Falando de antenas, as antenas se conectan mediante dous conectores u.Fl hirose (“ipex”). Este conector se pode adaptar a outros tipos como RP-SMA, ou type-N mediante pigtails (latiguillos). Máis info.

Antenas RP-SMA (5dBi e 3dBi). Pigtail u.Fl - RP-SMA.  Antenas PCB.
Antenas RP-SMA (5dBi e 3dBi). Pigtail u.Fl - RP-SMA. Antenas PCB.

Para esta práctica imos utilizar antenas tipo PCB, que son cómodas para montaxes provisionais.

Obxectivo da práctica

Estableceremos dous nodos:

Imos supoñer que o enclave de núcleo da nosa rede dispón de alimentación PoE nos seus switches. Así, na figura, o AP está á esquerda e o cliente á dereita:

O noso AP recibe alimentación PoE. O portátil configura a estación/cliente, que se alimenta por fonte.
O noso AP recibe alimentación PoE. O portátil configura a estación/cliente, que se alimenta por fonte.

 Interfaces

Os equipos contan con dúas interfaces de rede: ethernet e Wi-Fi. Temos dúas opcións de configuración:

Estes equipos MikroTik RB411 teñen un software “capado” (licenza L3). Non permiten facer radioenlaces en redes distintas. Así, todas as conexións lóxicas se farán en ponte (sen cambiar de rede). Supoñendo que a rede do núcleo fora 192.168.99.0/24:

MikroTik ofrece unha morea de opcións en radioenlaces, pero a licenza L3 só nos permite dúas opcións:

Configuración

Comezamos poñendo as dúas estacións na mesma rede. A aplicación Winbox permitirá xestionar a configuración (dispoñible en Windows e outros sistemas mediante Wine). Winbox permite acceder a equipos MikroTik sen importar a súa configuración IP. É capaz de conectarse por IP, pero lle basta con ter a MAC (capa 2):

A MAC que remata en 08 será o noso AP
A MAC que remata en 08 será o noso AP

Abrimos o primeiro deles con dobre clic na MAC. Para abrir o outro, imos ó botón “New Winbox” abaixo á esquerda:

É bo eliminar configuracións previas. System → Reset configuration → No Default Configuration.

Hostname

System → Identity. Imoslles chamar MT-AP e MT-ST:

Así está mellor:

Creación de pontes/bridges

Bridge → pestana “Bridge” → “+”

Despois imos á pestana ports e engadimos todos os portos:

Ó aceptar, perderemos a conexión momentaneamente.

Configuración IP do bridge

Neste tipo de infraestruturas, deberíamos traballar con IPs estáticas. Imos ó menu IP → Address e establecemos unha IP para o bridge (non para as interfaces que o compoñen). Imos asignar 192.168.99.101/24 para o AP e 192.168.99.202/24 para a estación cliente.

Porta de enlace: Imos a IP → Routes → “+” e engadimos a IP do router que nos da acceso a Internet (no meu caso 192.168.99.3

DNS: Imos a IP → DNS → clic en servers, escribimos o DNS e pulsamos aceptar:

Radioenlace

Ambos: Establecer clave: Wireless → Security profiles → “+”. Fixamos clave WPA2 soamente:

Punto de acceso:

Estación/cliente:

Explicacións simplificadas para a topoloxía obxectivo do curso:

  1. System → Reset configuration
  2. System → Identity
  3. Crear bridge
  4. Asignar wlan1, ether1 ó bridge
  5. IP → Address → + 172.16.X.3/24 (ó bridge!!)
  6. IP → Routes → 0.0.0.0/0 gw 172.16.X.1
  7. IP → DNS → 8.8.8.8
  8. Wireless → wlan1 enable
  9. Wireless → security profiles.
  10. Wireless → wlan1 dobre clic e "station bridge"
  11. scan wifi → Connect. Se falla, comproba exhaustivamente que coincidan os secuirity profiles dos dous equipos. Comproba tamén que o security profile estea asignado á radio wifi.

Explicacións detalladas para a topoloxía desta práctica:

Punto de acceso: Verifica a pestana registration en ambos equipos á vez:

 Aliñamento

MikroTik ten un sistema de pitidos tipo “radar” para axustar o aliñamento. Só precisas poñer o modo en “alignment only”, aplicar, pulsar o botón “Align”

Verificación

Podes testear a taxa de transferencia real usando iperf3.

Conectividade 4G/5G

Realizarase en RBM33G..


Creado para C2001003 - “Radioenlaces e redes metropolitanas sen fíos” e actualizado para V2101002 por Daniel Ríos Suárez.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Este curso virtual elaborouse para ser impartido no plan anual de formación do profesorado de FP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia

Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" --- imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados, agradecemos nos informe para retirala.


Volver ao curso