Programación didáctica, descrición do módulo, horarios e contacto co profesor

Volver ó curso

O meu correo é danielrios@edu.xunta.es (tamén .gal). Estarei polo centro luns, martes e mércores de mañá e os xoves e venres de tarde.

Currículum (ciclo e módulos)

O “Real Decreto 262/2021, de 13 de abril, por el que se establece el Curso de especialización en Implementación de redes 5G y se fijan los aspectos básicos del currículo” explica os resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación de todos os módulos (materias) deste curso. Módulos e horas do ciclo de STI:

O número de horas da imaxe non coincide co do RD debido a que na Consellería de Educación (Santiago) se adapta a Galicia a partir dos mínimos establecidos polo MEC (Madrid).

O currículum dun módulo é o temario detallado de cada módulo (materia), cos seus obxectivos, resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

Programación didáctica (IMPORTANTE)

O currículum se adapta á realidade do centro e do grupo na programación didáctica, que a realiza cada profesor. Podedes descargar as programacións didácticas do meu módulo para este curso aquí (IR5G)

Unidades:

Horario de grupo

Todo o curso se imparte na aula 207:

Uso do taller

Este módulo se imparte na aula 207, que se comparte con outros módulos. O trato das ferramentas e equipos debe ser o correcto, e todo o material debe quedar gardado no seu sitio, deixando todas as armarios pechados, sillas recollidas e equipos apagados ó final da clase.

Ó final da tarde e sobre todo os venres deixaremos as proteccións eléctricas baixadas e as cadeiras enriba da mesa.

Calquera incumprimento será detectado polo seguinte grupo e recriminado a esta clase (funciona igual para os grupos precedentes).

Outros

Sobre os currículums dos ciclos e módulos:

Máis normativa sobre formación profesional:


Volver ó curso