03b - Conceptos soltos (repaso David e María)
Volver al curso
Propagación en función da frecuencia:
- Agudos: tendencia a ser directivos.
- Graves: tendencia omnidireccional
Suma de niveis:
- Fontes coherentes: producen ondas coa mesma fase e no mesmo tempo. (equivalente a “interferencia constructiva”).
- Fontes non coherentes: ondas en distinta fase ou con desfase temporal.
Propagación:
- Reflexión (rebote)
- Absorción: o que fai a humidade do aire, ou certas superficies esponxosas.
- Refracción: cambio de dirección de propagación debido a diferencia de velocidade do son.
- Difracción: cando hai un obstáculo, a onda se dispersa e desvía.
- Obstáculo ≤ λ, a onda sortea o obstáculo sen problema.
- Obstáculo > λ, prodúcese dispersión.
Efecto da temperatura na propagación:
- De día: o aire próximo ó chan está máis quente, e o de enriba está máis frío. O son tende a subir.
- De noite: o aire próximo ó chan está frío, e o de enriba mantén a calor. O son tende a baixar.
Efecto do vento na propagación:
- Ó nivel do chan o vento é máis lento que na altura, o que produce diferencias na velocidade do son.
- Debido a refracción, o son que viaxa contra o vento tende a subir.
- A favor do vento, o son chega a distancias maiores. O son tende a baixar.
Humidade relativa:
- A maior humidade, o son se propaga mellor (a auga ten velocidade de son máis alta que o aire).
En RF é xusto ó contrario!!!
Outros efectos:
- Efecto Haas (efecto de precedencia): Un son seguido de outros cun retraso ≤ 40 ms se percibe como un único son coa procedencia que tivera o primeiro. Estes retrasos producen unha agradable sensación de profundidade e amplitude ainda que estragan directividade dos sons individuais. https://35mm.es/efecto-haas-para-que-se-utiliza/
- Enmascaramento: cando hai tonos de intensidade maior que o que queremos escoitar, estes non se perciben. Solución bruta: subir o volume da TV.
- Reverberación: cando a reflexión provoca unha lixeira permanencia dun son.
- Se esa permanecia é maior de 100 ms, temos eco: o cerebro capta sons independentes.
- Se permanencia < 100 ms, temos reverberación: o cerebro percibe un único son “modificado”.