Programación didáctica, descrición do módulo, horarios e contacto co profesor

Volver ó curso

O meu correo é danielrios@edu.xunta.es (tamén .gal). Estarei polo centro todos os días pola mañá excepto os mércores, que teño tarde.

Currículum (ciclo e módulos)

O Decreto 210/2012 do ciclo superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos explica os resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación de todos os módulos (materias). Módulos e horas do ciclo de STI:

O Decreto anterior se realiza na Consellería de Educación (Santiago) a partir dos mínimos establecidos polo MEC (Madrid). Este Decreto contén os currículums de todos os módulos. A nós nos interesa o currículum de Sistemas de Produción Audiovisual

O currículum dun módulo é o temario detallado de cada módulo (materia), cos seus obxectivos, resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

Programación didáctica (IMPORTANTE)

O currículum se adapta á realidade do centro e do grupo na programación didáctica, que a realiza cada profesor. Podedes descargar as programacións didácticas do meu módulo para este curso aquí (SPAV grupo A | SPAV grupo B)

Horario de grupo

Este é o voso horario de grupo coas aulas:

Uso do taller

Debido á pandemia por coronavirus Covid-19, deberemos manter en todo momento a distancia de seguridade de 1.5 metros. Isto supón unha limitación á hora de realizar prácticas físicas (nos taboleiros, equipos non conectados en rede), que de agora en diante se farán por turnos.

Este módulo se imparte na aula 207, que se comparte con outro módulo. O trato das ferramentas e equipos debe ser o correcto, e todo o material debe quedar gardado no seu sitio, deixando todas as armarios pechados, sillas recollidas e equipos apagados ó final da clase.

Ó final da mañá e sobre todo os venres deixaremos as proteccións eléctricas baixadas e as cadeiras enriba da mesa.

Calquera incumprimento será detectado polo seguinte grupo e recriminado a esta clase (funciona igual para os grupos precedentes).

Outros

Sobre os currículums dos ciclos e módulos:

Outra normativa sobre formación profesional:


Volver ó curso