Programación didáctica, descrición do módulo, horarios e contacto co profesor

Volver ó curso

O meu correo é danielrios@edu.xunta.es. Estarei polo centro todos os días pola mañá.

Acollemento

Guía do alumnado do CIFP Ferrolterra (2020-2021) (LECTURA OBRIGATORIA).

Currículum (ciclo e módulos)

O Decreto 102/2013 do ciclo superior de Automatización e Robótica Industrial explica os resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación de todos os módulos (materias). Módulos e horas do ciclo de STI:

O Decreto anterior se realiza na Consellería de Educación (Santiago) a partir dos mínimos establecidos polo MEC (Madrid). Este Decreto contén os currículums de todos os módulos. A nós nos interesa o currículum de Sistemas de Medida e Regulación

O currículum dun módulo é o temario detallado de cada módulo (materia), cos seus obxectivos, resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

Programación didáctica (IMPORTANTE)

O currículum se adapta á realidade do centro e do grupo na programación didáctica, que a realiza cada profesor. Podedes descargar a programacións didácticas do meu módulos para este curso aquí (SMR)

Horario de grupo

Este é o voso horario de grupo coas aulas:

Uso do taller

Debido á pandemia por coronavirus Covid-19, deberemos manter en todo momento a distancia de seguridade de 1.5m.

Isto supón unha limitación á hora de realizar prácticas físicas (nos taboleiros, equipos non conectados en rede), que de agora en diante se farán por turnos ou mediante simulacións (non hai equipamentos en número suficiente).

Este módulo se imparte no taller TELI-7 e TELI-8, que se comparte con outros moitos módulos. O trato das ferramentas e equipos debe ser o correcto, e todo o material debe quedar gardado no seu sitio, deixando todas as vitrinas pechadas, sillas recollidas e equipos apagados ó final da clase.

Os venres deixaremos as proteccións eléctricas baixadas.

Calquera incumprimento será detectado polo seguinte grupo e recriminado a esta clase (funciona igual para os grupos precedentes).

Outros

Sobre os currículums dos ciclos e módulos:

Outra normativa sobre formación profesional:


Volver ó curso