Guía de inicio rápido para LiteBeam 5AC Gen2: https://dl.ui.com/qsg/LBE-5AC-Gen2/
Dúas opcións de conexión inicial:
192.168.1.20
poñendo no teu equipo unha IP estática do rango 192.168.1.0/24
Para poder acceder á IP de xestión 192.168.1.20
poderás conectarte directamente cunha IP válida, ou tratar de configuralo directamente na topoloxía na que estás a traballar. Isto implica que entre o PC e a Ubiquiti tes un router MikroTik PowerBox Pro. Se a iso lle sumamos que o teu PC terá probablemente unha IP da Xunta, a cousa se complica. A solución pasa por aproveitar unha característica dos routers MikroTik: pódense asignar varias IPs á mesma interface/bridge. Deste xeito, se nos dous bridges engadimos unha IP que suplante as dúas portas de enlace (a da Xunta, e a do MikroTik), pasaremos a ter conectividade coa IP de Xestión de Ubiquiti.
Opción 1: conectar o PC ó bridge CLASE-B:
Opción 2: conectar o PC ó bridge CLASE-B. Recomendada. O PC non quedaría sen Internet:
Na opción 2 non perdemos a conexión a Internet sempre e cando a PowerBox teña o como gateway o router principal do centro.
Unha vez entres co navegador na IP de xestión recibirás un aviso:
Elixe o país para que se axuste automáticamente ós requerimentos de PIRE do CNAF:
Selecciona usuario e contrasinal (anótao para esta práctica temporal). Ó gardar, verás o dashboard:
Pulsa o botón dos engranaxes á esquerda (Settings).
Elixe entre o rol de cliente ou AP. Nesta primeira antena imos escoller “Access Point PtP”.
Ó aplicar os cambios (“Save changes”), deshabilita a rede de xestión:
Configura as interfaces en ponte (xuntar ethernet e Wi-Fi na mesma rede) e elixe a IP que corresponda coa topoloxía:
En caso de problemas (a LiteBeam non responde na IP asignada a pesar de ter o ordenador nunha IP do rango), desactiva IP aliasing e IPv6. Ten tido fallos por unha mala asociación de IPs (asocialas ás interfaces en lugar de ó bridge).
Cambia o nome do dispositivo para que sexa recoñecible por ti. Ten en conta que hai 5 máis na aula.
Elixe outra vez o rol de cliente ou AP. Agora toca escoller “Station PtP”. Pulsa para ver as Wi-Fi dispoñibles:
Unha vez fixado o punto de acceso, só queda escribir o contrasinal e clicar en “Save changes”. Desactiva a radio de xestión.
Algunhas vantaxes de usar hardware Ubiquiti sobre MikroTik:
Volve a consultar a topoloxía da rede e axusta a configuración segundo conveña
Se consigues establecer enlace, obterás unha imaxe similar a esta no “Dashboard”:
A pestana “Airmagic” mide a interferencia no espectro e dache unha idea de onde vas ter a mellor eficiencia espectral (Mbps/MHz):
Facendo clic no icono das ferramentas que aparece arriba á dereita, tamén podes visualizar o diagrama de constelación da recepción en ambos sentidos do enlace.
Máis información sobre ferramentas adicionais (aliñamento, discovery, site survey…) no manual de airOS 8.
Para o test de ancho de banda, precisarás introducir a IP da antena que se atopa no outro extremo do enlace, así como o nome de usuario e contrasinal. Este test é moi parecido a iperf3
Ubiquiti despacha distintos sistemas operativos en función do tipo de producto. “airOS” está enfocado ós radioenlaces, pero tamén ten un sistema operativo versátil enfocado a enrutamento, “EdgeOS”. Limítase á gama EdgeRouter. Manual de EdgeOS.
MikroTik pola súa banda opta por ofrecer o mesmo sistema operativo sempre, con limitacións segundo o nivel de licenza incluído.
O teu PC se atopa na rede local da aula, que coincide co bridgeWAN
da topoloxía. Como as powerbox están como cliente DHCP, deberás poñerlles a maiores unha IP estática.
Na Powerbox:
/ip address
add address=192.168.2.21/24 interface=brigeWAN network=192.168.2.0
No shell de Windows cmd
engadimos rutas:
sudo route -n add -net 10.0.0.0/16 192.168.2.21
sudo route -n add -net 172.16.0.0/24 192.168.2.21
Agora xa podes ter todo conectado á rede da aula, e non ter os PC conectados directamente ás antenas. Tamén deberías poder facer ping desde o PC ata as Ubiquiti Litebeam.
Para a miña proba, conectei os equipos á mesma PowerBox:
Comprobo a conexión mediante un ping dirixido a unha interfaz específica. Exemplo: supoñendo que 10.0.1.2
está en ether4
e que 10.0.2.2
está en ether5
, unha comprobación válida do enlace sería:
/ping 10.0.1.2 interface=ether5
ou ben:
/ping 10.0.2.2 interface=ether4
As redes ethernet foron inicialmente deseñadas para topoloxías de estrela e estrela estendida. Cando se infrinxe esa característica (tan fácil como conectar os dous extremos dun cable ó mesmo switch), provocamos un bucle na rede, e pasamos a ter topoloxía de grafo. Isto pode deixar a rede inservible debido a tormentas de broadcast. A nosa topoloxía obxectivo está mallada no backhaul (rede amarela), e por tanto presenta esa casuística:
Unha trama de difusión podería viaxar indefinidamente en círculos. Para evitar iso, creou o protocolo de árbore de expansión ou STP. Éste recoñece a topoloxía en cuestión de segundos, ordena as interfaces de acordo con prioridades, e desactiva portos ata
que a topoloxía efectiva non é un grafo senón unha árbore (estrela estendida). No caso da nosa topoloxía, desactivaría automaticamente só un dos tres enlaces.
A continuación un pantallazo dunha MikroTik:
Debería vir por defecto, pero se non é así, activa RSTP (Rapid STP) en todos os bridges.
Máis info sobre STP no blog de Eduardo Collado.
Creado para C2001003 - “Radioenlaces e redes metropolitanas sen fíos” e actualizado para V2101002 por Daniel Ríos Suárez.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
Este curso virtual elaborouse para ser impartido no plan anual de formación do profesorado de FP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia
Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.
Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" --- imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados, agradecemos nos informe para retirala.