P03C - Análise de antena RF - NanoVNA

Volver ao curso

Actualización: Está dispoñible NanoVNA V2, cun novo deseño pensado para unha gama máis alta (~150€), máis ancho de banda (4,4GHz) e menor ruido. (gracias polo aporte!)

A análise de antena consiste na emisión de portadoras de proba ó longo dun ancho de banda prefixado para ver a resposta da antena en cada frecuencia. Os analizadores de antena varían moito en funcións e fiabilidade segundo a gama na de prezos. Algúns exemplos:

Como podes imaxinar, o prezo do nanoVNA supuxo unha revolución no mundo radioafecionado e maker. Imos analizar os aspectos básicos do seu uso:

Este equipo inclúe:

Podes usar a pantalla integrada ou ben o software NanoVNA Saver, que pode amosar ata seis gráficas simultáneas:

Análise de antena

Tradución libre de https://nanovna.com/. Orixinal de cho45

O primeiro é saber de xeito aproximado a frecuencia de resonancia esperada. Pódencho dicir, ou o podes averiguar ti poñendo o SPAN ó máximo e vendo onde baixa a ROE.

Unha vez que saibas a frecuencia esperada/desexada da túa antena, diríxete a STIMULUSCENTER e teclea esa frecuencia. Despois en STIMULUSSPAN escolle un rango adecuado á túa medida. Exemplo: 868 MHz con 100 MHz de SPAN.

Calibración

Primeiro, elixe o rango de frecuencias desexado para a túa medida (se o cambias, hai que repetir calibración). Despois segue os pasos:

  1. CALRESET
  2. Conecta adaptador circuíto aberto (a que non ten “vivo”) en toma CH0. Elixe CALCALIBRATEOPEN.
  3. Conecta adaptador curtocircuíto en toma CH0. Elixe CALCALIBRATESHORT.
  4. Conecta carga de 50Ω en toma CH0. Elixe CALCALIBRATELOAD.
  5. Conecta carga de 50Ω en toma CH0 e CH1 (só en CH1 se non tes máis que unha). Elixe CALCALIBRATEISOLN.
  6. Conecta latiguillo unindo CH0 e CH1. Elixe CALCALIBRATETHRU.
  7. Aplica con CALCALIBRATEDONE.
  8. Garda con CALCALIBRATESAVESAVE 0.

Análise de antena

Este equipo ten dous canais con conector SMA femia:

Tes ata catro trazas para amosar á vez. Se selecciona a traza activa en DISPLAYTRACETRACE n (tamén para ocultar). O formato ou contido da traza activa se escolle en DISPLAYFORMAT.

O canal da traza activa se pode escoller no menú DISPLAYCHANNEL.

Estes son os canais, trazas e formatos recomendados para análise de antenas:

Imaxe de cho45
Imaxe de cho45

Para examinar antena: Busca onde TRACE 0 (ROE) tenda a 1. No caso de coincida co centro da gráfica pero sexa maior de ROE = 2, axúdate da carta de Smith para calcular a impedancia que precisa para adaptar.

Para construír/axustar antena: Busca onde TRACE 1 (reactancia) tenda a 0. Axusta a antena (lonxitude eléctrica…) para que o punto máis baixo de TRACE 1 se acerque ó centro da pantalla.

Práctica proposta

Analiza as antenas que che dará o profesor indicando a súa frecuencia de resonancia e a ROE que se obtén nela:

Usa os adaptadores que precises para realizar as conexións. Lembra calibrar de novo cada vez que cambies o rango de frecuencias.

Bibliografía


Creado para C2001003 - “Radioenlaces e redes metropolitanas sen fíos” e actualizado para V2101002 por Daniel Ríos Suárez.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Este curso virtual elaborouse para ser impartido no plan anual de formación do profesorado de FP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia

Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" --- imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados, agradecemos nos informe para retirala.