Programación didáctica, descrición do módulo, horarios e contacto co profesor

Volver ó curso

O meu correo é danielrios@edu.xunta.es. Estarei polo centro todos os días pola mañá.

Acollemento

Guía do alumnado do CIFP Ferrolterra (2020-2021) (LECTURA OBRIGATORIA).

Currículum (ciclo e módulos)

O Decreto 210/2012 do ciclo superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos explica os resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación de todos os módulos (materias). Módulos e horas do ciclo de STI:

O Decreto anterior se realiza na Consellería de Educación (Santiago) a partir dos mínimos establecidos polo MEC (Madrid). Este Decreto contén os currículums de todos os módulos. A nós nos interesa o currículum de Sistemas de Telefonía Fixa e Móbil

O currículum dun módulo é o temario detallado de cada módulo (materia), cos seus obxectivos, resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

Programación didáctica (IMPORTANTE)

O currículum se adapta á realidade do centro e do grupo na programación didáctica, que a realiza cada profesor. Podedes descargar a programacións didácticas do meu módulos para este curso aquí (STFM)

Horario de grupo

Este é o voso horario de grupo coas aulas:

Uso do taller

Debido á pandemia por coronavirus Covid-19, deberemos manter en todo momento a distancia de seguridade de 1.5m. Isto supón unha limitación á hora de realizar prácticas físicas (nos taboleiros, equipos non conectados en rede), que de agora en diante se farán por turnos.

Este módulo se imparte no taller TELO-4, que se comparte con outros moitos módulos de mañá e de tarde. O trato das ferramentas e equipos debe ser o correcto, e todo o material debe quedar gardado no seu sitio, deixando todas as vitrinas pechadas, sillas recollidas e equipos apagados ó final da clase.

Os venres deixaremos as proteccións eléctricas baixadas.

Calquera incumprimento será detectado polo seguinte grupo e recriminado a esta clase (funciona igual para os grupos precedentes).

Outros

Sobre os currículums dos ciclos e módulos:

Outra normativa sobre formación profesional:


Volver ó curso