Tarea 5.2b - Adaptación de impedancias e ROE (II)

Volver ao curso


Contidos:



Procedemento de medida de matching

Nunha instalación de radio imos ter antenas e liñas de transmisión. Cando hai unha desadaptación de impedancias, e temos que usar aparellos analóxicos (miden a ROE de toda a instalación) ábrense tres posibilidades:


Obtención ROE con medidores dixitais

Visto no tema anterior para os analizadores de antena MFJ-269, MFJ-225 e para o SNA RigExpert IT-24.


Obtención ROE con medidores analóxicos

Empezamos vendo como luce un sistema de radiocomunicacións na súa situación definitiva, sen medidor ROE:

O transmisor tamén podería funcionar como receptor.
O transmisor tamén podería funcionar como receptor.

O medidor ROE analóxico permite medir potencias moito máis elevadas que o dixital da mesma gama de prezo. Este dispositivo se intercala entre a radio e a liña de transmisión. Como é preciso un pigtail entre a radio e o medidor ROE, este terá unha lonxitude múltiplo de 𝜆/2 (“tramo de 𝜆/2”). Este tramo farase tendo en conta o factor de velocidade do cable. Lembra que o radio transmisor tamén ten impedancia de saída, e non queremos que se modifique por culpa dun desfase na unión entre a radio e o medidor.

Medición ROE de liña de transmisión e antena. O medidor vai entre radio e LT. O pigtail que une radio e medidor ten lonxitude λ/2 ou múltiplo.
Medición ROE de liña de transmisión e antena. O medidor vai entre radio e LT. O pigtail que une radio e medidor ten lonxitude λ/2 ou múltiplo.

Ollo, se sospeitas que a instalación pode fallar (porque a acabas de montar, ou porque xa deu problemas), non empeces por esta medición. O máis seguro é comezar con carga resistiva.

En todo caso, se a medición anterior é correcta, xa podemos dar a instalación por boa. Se, polo contrario, non vale, non sabemos de quen é a culpa. Pode ser que estea mal:

Para comezar a descartar elementos fallantes debemos comprobar exclusivamente a liña de transmisión. Para iso hai desconectar a antena e conectar unha carga resistiva no seu lugar antes de medir.

Sistema de transmisión por radio (en proceso de probas ROE). A liña se comproba desconectando a antena e colocando no seu lugar unha carga resistiva.
Sistema de transmisión por radio (en proceso de probas ROE). A liña se comproba desconectando a antena e colocando no seu lugar unha carga resistiva.

Cargas de 50Ω de distintas potencias. Forman parte da dotación dos ciclos.
Cargas de 50Ω de distintas potencias. Forman parte da dotación dos ciclos.

As cargas resistivas (terminations) son impedancias puramente resistivas de 50Ω, 75Ω... que non van variar en ningún caso (ó contrario que antenas e liñas, que teñen parte reactiva). Non radian, pero disipan potencia coma unha antena ideal. Non reflicten nada de potencia se a súa impedancia é a mesma que a da liña, delatando fallos na liña.

Estas resistencias son máis grandes canta máis potencia soporten. Se rompes unha carga terminadora ICT, verás que leva dentro unha pequena resistencia. Na foto podes ver tres cargas, as tres de 50Ω, pero que soportan unha potencia máxima de 5W, 50W e 150W.


Por que tramos múltiplos de λ/2?

Unha liña de transmisión de lonxitude λ/2 reflicte nun estremo a impedancia que haxa no outro extremo. Debido a isto:

  • Os medidores ROE (watímetros) que se conectan intercalados no sistema de comunicación, deben estar a λ/2 do radiotransmisor, xa que ese é o equipo que pretenden protexer (asegurar que "ve" a impedancia precisa).
  • Os analizadores de antena (que levan oscilador con xerador de portadora incorporado), se usan para medir a impedancia da antena exclusivamente, e por iso hai que abrir o sistema de comunicación e conectar o analizador a unha distancia de λ/2 (para asegurar que a antena ten a impedancia precisa).

Nun sistema de radio temos adaptación de impedancias entre tres elementos:

  • Entre LT e carga.
  • Entre fonte e LT.
  • Entre fonte e carga vista a través da LT.

Por exemplo: se hai adaptación perfecta entre carga e fonte, $Z_{LT}=Z_{ANT}^*$ (complexo conxugado). Esa adaptación perfecta se manterá se a fonte e a carga están conectadas a través dunha LT de lonxitude múltiplo de λ/2.

Así, cando inserimos o medidor ROE a λ/2 da fonte de transmisión (Tx), facémolo da maneira menos intrusiva posible. Fonte


Agora sacamos a seguinte conclusión sobre as medicións anteriores:

Agora o desexable vai ser comprobar directamente a a antena, pero con medidores analóxicos non vai ser posible a menos que se trate dunha instalación all-outdoor.

Por que? Porque no resto de instalacións (split mount, all-indoor) a radio está separada da antena. Ademais, as instalacións all-outdoor non adoitan ser moi potentes, co cal se poden medir co medidor dixital, que é moito máis fácil de usar e non require tramo de 𝜆/2.

Os conexionados anteriores non son complicados, pero para poñer en marcha todo hai que cablear non só os cables RF, senón que tamén alimentar ás tensións DC adecuadas, así como poñer a terra os equipamentos precisos.

Organigrama resumo:


Práctica ROE analóxica: transmisor FM Advancast

Na banda comercial de radiodifusión FM (88-108MHz), os canais teñen un BW de 200kHz. ∆f = 75kHz (para cada lado) e os 25kHz que sobran a cada lado son de seguridade (banda de resgardo).

Non se usan canais consecutivos para que non se solapen con sinais de outros repetidores.

Esquerda: Transmisor FM na súa caixa. Dereita: Medidor ROE 25-1000MHz. Xirando o cursor eliximos entre potencia incidente e reflexada. A ROE se saca por ecuación ou por taboa.
Esquerda: Transmisor FM na súa caixa. Dereita: Medidor ROE 25-1000MHz. Xirando o cursor eliximos entre potencia incidente e reflexada. A ROE se saca por ecuación ou por taboa.
Antena monopolo "J" feita por Félix no CIFP Ferrolterra (tubo de cobre, sintonizada a 100 MHz con conector UHF). Á dereita o adaptador de N a UHF.
Antena monopolo "J" feita por Félix no CIFP Ferrolterra (tubo de cobre, sintonizada a 100 MHz con conector UHF). Á dereita o adaptador de N a UHF.

Modos de entrada de audio e operación:

Probas de entrada de audio coa carga de 50Ω.
Probas de entrada de audio coa carga de 50Ω.


Esquemas de montaxe

Empezaremos por alimentar o transmisor FM e conectarlle unha fonte de audio a través do adaptador TRS (jack 3,5”) ós conectores XLR. A saída non se debe conectar directamente a LT+ANT, senón que deberíamos probar antes só coa LT + carga terminadora. A emisora incorpora un medidor ROE dixital para comprobar a LT na propia pantalla. Montaxe:

Neste caso, dispoñemos dunha antena que é indivisible da LT, así que imos omitir o paso anterior e cablear a antena “J-pole” usando o menor número posible de adaptadores:

A seguinte modificación permite comprobar a ROE usando un medidor ROE analóxico. Pode ser útil para contrastar a medición integrada:

Tras validar a ROE, buscamos no espectro FM unha emisora que estea libre coa axuda dun receptor de radio FM estándar. Seguro que alguén ten un teléfono móbil con sintonizador. Unha vez atopada a frecuencia sen uso, configurámola na emisora, arrancamos una audio e probamos a recibilo no receptor de radio.

ATENCIÓN: A banda FM 88-108MHz é unha banda de uso con licencia, así que non está permitido emitir nela.

O medidor ROE azul funciona da seguinte maneira: se apuntamos o cursor xiratorio a un lado medimos a potencia incidente. Se o xiramos para o outro medimos a reflexada. Con estes dous datos e a fórmula ou ben co método gráfico obtemos a ROE.

Alguén do curso lle chamou “cencerro”.
Alguén do curso lle chamou “cencerro”.

Moito coidado ó realizar esta práctica. É moi fácil radiar sen antena e estropear a emisora. Hai unha como esta en cada centro de Galicia, pero moitas xa non funcionan por culpa de descuidos.


Práctica ROE analóxica – Transceptor AM/FM de banda ciudadana 27MHz (CB27)

A seguinte práctica está descrita para 27 MHz. O procedemento seria igual para outras frecuencias (144 MHz, 433 MHz...). Material:

Alimentación: o transceptor aliméntase a 12V e o medidor ROE a 13,8V. Usa dúas fontes DC (unha soa fonte coas saídas en modo “indep” non entrega potencia suficiente). Antes de conectar as bananas comproba co polímetro que as saídas están emitindo as tensións adecuadas.


Conexionado

Montar primeiro antena na base, logo medidor ROE, coaxial, transmisor e por último a alimentación. Conectaremos o medidor o máis cerca posible do transmisor.

Na parte de atrás do medidor ROE hai un par de femias (para cada rango de frecuencias) de tipo UHF (50Ω). Un deles conéctase ó transceptor e outro á antena. Indícase por TX (transmisor) e antena (ANT).

Na figura anterior aparece un modelo que ten conectores diferentes segundo a frecuencia (pode que sexa o teu caso, ou pode que non).


Pasos para calibrar, medir ROE e potencias

A ROE e as potencias FWD e REF son termos análogos. Ademais da ecuación que vimos no tema anterior, Existe unha gráfica que relaciona os termos para sacar a ROE:

A radio CB tamén incorpora o seu propio medidor de potencia. A gráfica de arriba é a potencia transmitida, en W. A de abaixo é a recibida, en dBm. Cando pulsas o botón PTT amosa a transmitida e cando soltas, a recibida.

OLLO: se ó presionar a "pastilla" o watímetro se dispara, podes ter un curtocircuito ou un circuíto aberto.

Desenvolvemento da práctica

Busca no manual da radio CB27MHz a potencia: ............. W. Cando apretes a pastilla non debe pasar desa potencia, ou podería haber algo mal no cableado.

Realiza a calibración (consulta a potencia emitida pola radio nos manuais) e despois fai as seguintes medicións de ROE e potencia reflectida:

Táboa para terminadora máis dúas antenas.
Táboa para terminadora máis dúas antenas.

Unha vez feita a medida coa carga, debería quedar demostrado que a liña de transmisión está ben. As tres medidas deberían ser moi similares porque a resistencia non varía coa frecuencia.

Mesa de traballo con Tx e medidor ROE. Antenas de distintos tipos con plano de terra improvisado. Carga resistiva.
Mesa de traballo con Tx e medidor ROE. Antenas de distintos tipos con plano de terra improvisado. Carga resistiva.

En canto á lonxitude da antena (ten un tornillo Allen para regulala):


Dous tipos de análise espectral

  • Peak envelope power, PEP: Obtén o valor de pico tomando mostras instantáneas. Os picos puntuais non se ven ou só se ven fugazmente.
  • RF average power, AVG: Obtén o valor de pico facendo un promedio, de maneira que os picos puntuais perduran máis tempo en pantalla.

O modo AVG é útil en sinais que teñan picos puntuais moi por riba do nivel promedio de pico (Wi-Fi, Bluetooth). PEP se utiliza en comunicacións que teñan unha potencia máis constante (R, TV, SAT, radio PTT…). Máis info.




Exercicios

Estas actividades completan a práctica anterior. Como non podemos traballar en presencial, responde só a 3, 5, 8, 9, 10

  1. Busca en Internet as frecuencias dos canais 1, 20 e 40 da CB27 e o seu BW.
  2. No teu caso: había que alargar ou encoller cada unha das dúas antenas? Repite a medición levándoa ó outro extremo (se hai que encoller, encóllea de todo):
  3. A terra afecta moito? Repite unha das medicións sen toma de terra (achégate e molesta ó grupo que está traballando agora se queres).
  4. Supoñamos que o watímetro funciona ben pero o medidor ROE non. Comproba que a medición ROE de varias das túas medidas está ben aplicando a fórmula (fila da dereita na táboa anterior):
  5. Que adoita ser maior, a potencia transmitida ou a recibida? Por moito?
  6. Indica a potencia recibida (podes acercarte e mirar a de outro equipo) con antena a dúas frecuencias distintas e coa carga terminadora.
  7. Bótalle unha ollada ó watímetro azul. Móntao cos equipos que che damos. Que impedimentos podemos ter para medir a potencia transmitida dun router ou dunha Wi-Fi USB?
  8. Cal é a impedancia da carga terminadora? Por que son iguais todas as medidas ROE cando temos montada a carga terminadora? Canto será a densidade de potencia de radiación?
  9. Temos unha instalación formada por: Transmisor con conector “N” femia; liña de transmisión de 10m (“N” macho a “N” macho); pigtail (barrilete “N” femia - “N” femia, “N” macho, latiguillo, conector UHF femia); antena con conector UHF macho.
  10. Tenemos una instalación formada por: Radio Wi-Fi con conector µ.Fl hembra, latiguillo µ.Fl macho a N hembra. Línea de transmisión de 2m (N macho, N macho). Barrilete (N hembra, N hembra) y antena monopolo con conector N macho.

Exercicios (test)

Responde ás seguintes preguntas:

  1. Con un medidor ROE analógico, medimos directamente en la instalación original y obtenemos ROE=3. Después substituimos la antena por una carga terminadora y medimos ROE=1,2.
  2. Con un medidor ROE analógico, medimos directamente en la instalación original y obtenemos ROE=5. Después substituimos la antena por una carga terminadora y medimos ROE=4.
  3. Con un medidor ROE analógico, medimos directamente en la instalación original y obtenemos ROE=infinito. Cambiamos la antena por una carga terminadora y obtenemos ROE=1,1.


Imaxes de apoio

As seguintes fotos son de medidores ROE e transceptores de radio do CIFP Ferrolterra. A dotación da Xunta inclúe só equipamentos para 27 MHz, pero quizáis che interese adquirir equipamentos para outras frecuencias máis elevadas nas que é máis fácil facer antenas caseiras (ver tarefas).

Medidores ROE:

Medidor ROE Coaxial Dynamics (25-1000MHz, 20-500W co cursor extraíble montado na imaxe). Usar taboa do apartado anterior ou fórmula para deducir ROE.
Medidor ROE Coaxial Dynamics (25-1000MHz, 20-500W co cursor extraíble montado na imaxe). Usar taboa do apartado anterior ou fórmula para deducir ROE.
Medidor ROE PiroStar (0-300W). Usar punto de cruce de agullas, taboa do apartado anterior ou fórmula para deducir ROE.
Medidor ROE PiroStar (0-300W). Usar punto de cruce de agullas, taboa do apartado anterior ou fórmula para deducir ROE.
Medidor ROE Daiwa CN-101 (1,8-150MHz, 1-1500W). Usar punto de cruce de agullas, taboa do apartado anterior ou fórmula para deducir ROE.
Medidor ROE Daiwa CN-101 (1,8-150MHz, 1-1500W). Usar punto de cruce de agullas, taboa do apartado anterior ou fórmula para deducir ROE.
Medidor ROE Daiwa CN-801 (1,8-1300MHz, 1-1500W). Usar punto de cruce de agullas, taboa do apartado anterior ou fórmula para deducir ROE.
Medidor ROE Daiwa CN-801 (1,8-1300MHz, 1-1500W). Usar punto de cruce de agullas, taboa do apartado anterior ou fórmula para deducir ROE.
MFJ-225 Graphical Antenna Analyzer. Non olvides que o proceso é máis sinxelo con estes.
MFJ-225 Graphical Antenna Analyzer. Non olvides que o proceso é máis sinxelo con estes.

Radios (27 MHz, 144 MHz, 433 MHz):

Radios CB 27MHz President Jackson y Midland Alan 78 Plus
Radios CB 27MHz President Jackson y Midland Alan 78 Plus
Radio 144MHz Kenwood TM-271E
Radio 144MHz Kenwood TM-271E

Manual da radio de 144 MHz.

Radio Yaesu FT-8800R 144/430 MHz
Radio Yaesu FT-8800R 144/430 MHz

Manual de radio de 144/433 Mhz.



 Bibliografía e ligazóns de interese


Creado para G1701016 – “Radiocomunicacións prácticas” e actualizado para G1801013 por Daniel Ríos Suárez

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Este curso virtual elaborouse para ser impartido no plan anual de formación do profesorado de FP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia

Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" --- imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados, agradecemos nos informe para retirala.