TPIT18 - Exercicios cálculo de atenuación en redes de distribución

Volver ó curso

Se sabes o nivel que chega ás tomas, averiguarás o valor de ganancia que hai que poñerlle ó amplificador de cabeceira para que a medida cumpra a norma e sexa equilibrada en todas as tomas.

  1. Realiza, para as tomas A-H, a análise das perdas. O cable perde 13,8dB/100m @470MHz e 18,7dB/100m @790MHz. Fai unha táboa para cada frecuencia extrema cos encabezados así:
  2. Indica cal é o rexistro de toma máis favorable e a máis desfavorable.
  3. Aínda falta por considerar unha cousiña. Sabes que é?
  4. Calcula o nivel de saída para configurar a cabeceira se nas tomas ten que haber 47≤V≤70dBµV, (fai a media).

Máis exercicios

  1. Se a frecuencia central dun canal TDT son 546MHz, di en que frecuencia comeza o canal inmediatamente superior.
  2. A orientación da antena para o punto “centro cidade” é de azimut: 300º.
  3. Calcula aproximadamente o azimut para a vivenda no punto onde te atopas na figura.
  4. Se estamos lonxe da estación reemisora de televisión terrestre, o ángulo de elevación será un factor importante no apuntamento? Por que?
  5. Se temos un sinal de 55dBµV cun nivel de ruído de 29dBµV á saída da antena será válido segundo a normativa ICT de 2011?
  6. Unha cabeceira ofrece unha saída ecualizada de 100dBµV cunha pendente de 3dB. Se o sinal baixa dous pisos (PP=2dB, PD=23dB, cable con atenuación despreciable), cal será o nivel de sinal máis baixo no BAT?
  7. Fixemos unha medición de campo sobre unha antena:

Exercicios TDT con cabeceiras alta gama

Usa rotuladores de cores para unións coaxiais, bus de alimentación e bus de control (cando sexa necesario).

  1. Realiza o conexionado seguinte cabeceira T.0X indicando que canais asignas a cada módulo Processor Twin. Os canais son os de Santiago de Compostela (Monte Pedroso):

    MUXTVG(40) RGE(22), Santiago TV (23), RGE2(42) MPE1(46) MPE2(38) MPE4(45) MPE5(48).

  2. Realiza o conexionado da seguinte cabeceira T.0X indicando que canais asignas a cada módulo Processor Twin. Estamos en Almeiras, Culleredo. Hai liña de visión con dúas estacións reemisoras e imos montar dúas antenas terrestres:
  1. Deseña unha cabeceira T.12 (máis fácil e barata que a T.0X). Ver exemplos de aplicación aquí. para coa axuda da web gis.tdtgalicia.es/coberturatdt Configúraa para a túa aldea. Se botas en falta algún canal búscao en tdt1.com

Extraído de:


Volver ó curso