TPIT15 - Antenas, cabeceira e rede de distribución

Volver ó curso

Máis sobre captación

Segundo a Norma Técnica de Edificación, deberemos ter en conta:

Definicións:

Exercicios de carga ó vento

  1. Vaise instalar unha antena Televés DAT75 no tellado dunha vivenda dunha soa planta (3m). O mástil sobresae 2m, ten un diámetro de 35mm e o vento exerce unha P = 70N/m2. Calcula o momento flector no mástil e di se aguantará para Mmáx= 300 Nm.
  2. A 7 plantas de altura (3m/planta), unha antena DAT790 se monta nun mástil de 3m de longo e 40mm de diámetro. Ademais debaixo hai unha Televés 1050. Nesa zona o vento exerce unha P = 72N/m2. Calcula se o mástil aguantará tendo en conta que soporta Mmáx=400 Nm.
  3. Un mástil de 7m... (que pasa?)

Resumo elementos de cabeceira

A rede (de distribución) é a encargada de que o sinal da cabeceira chegue ó usuario. Fórmana: distribuidores, repartidores, derivadores, tomas de usuario (BAT) e PAU (variante do repartidor). Debe estar preparada para funcionar entre 5MHz e 2.150MHz (4.1.1 do anexo I).

As redes de distribución e dispersión se compoñen de dous cables (están duplicadas). As dúas terán ocupado unha parte do ancho de banda coa TDT (470-790MHz) e o sobrante quedará reservado para situar en cada cable de maneira alternativa os sinais procedentes dos posibles conxuntos de captación satélite (p.ex: un cable con Astra e outro Hispasat). SATÉLITE non é obligatorio na ICT. Truco de Rey: usar cables de dúas cores distintas para distinguir os ramais.

Exercicio de relacionar:

Preamplificadores

Tamén chamados amplificadores de baixo ruído (LNA, low noise amplifiers). Realizan unha amplificación previa ó equipamento de cabeceira. Parámetros:

Colócanse no mástil aínda que cada vez máis veñen integrados dentro do dipolo da antena como por exemplo, no sistema BOSS de Televes.

Os amplificadores son elementos activos, así que hai que alimentalos dende dentro do edificio con corrente continua.

Cabeceiras

A función do amplificador é aumentar o nivel de sinal que recibe á súa entrada.

O amplificador de banda ancha queda limitado con carácter xeral a un máximo de 30 tomas (non 30 PAUs).

Ollo, pero no apartado 4.3 do anexo I si que o permite se non pasas de 3dB de diferencia entre canais (o cal é obrigatorio). – Rey

Niveis voltaxe de sinal:

Se na cabeceira temos 113dBµV e na BAT queremos ter 70dBµV, 113-70=43dB podemos deixar en perdas na rede de distribución.

Segundo a norma, entre canais da mesma natureza non pode haber máis de 3dB de diferencia por que se poderían “machacar” entre eles. Realmente isto non sucede ata chegar ata diferencias de 20dB.

A limitación de 30 tomas nas cabeceiras de banda ancha débese a que entraña moita lonxitude de cable, que presenta máis atenuación atenuación a máis frecuencia, o cal provoca diferencias de nivel entre canais (os famosos 3dB).

Nas cabeceiras monocanal pódese correxir engadindo ata 3dB de exceso ó canal máis alto. Realmente nas programables tamén, xa veredes. Nas de banda ancha non.


Extraído de:


Volver ó curso