TPIT10 - Parámetros do medidor de campo

Volver ó curso

Frecuencias que se atopan no aire, no rango 0-2 GHz, que é o que afecta ás instalacións R/TV/SAT:

Estrutura da rede R/TV/SAT

A rede consta de tres zonas:

As redes do edificio están duplicadas. Faise a modo de respaldo, pero tamén por se a comunidade quere transportar dúas sinais satélite diferentes.

Truco (non é norma): Utilizar cableado de distintas cores para as dúas redes.

Parámetros requiridos

Parámetros de cantidade de sinal:

Parámetros de calidade de sinal. Estes non se aplican nas transmisións analóxicas (excepto C/N) pero si nas dixitais, xa que xurden novas posibilidades de erro debido á modulación multinivel e os efectos de interferencias multitraxecto:

Relación portadora a ruído (C/N)

A Carrier to Noise Ratio é a forma máis básica de avaliar a calidade dunha comunicación. Defínese como a relación entre a potencia do sinal útil recibido sen demodular (S) e a potencia de ruído (N).

$$C/N=S-N$$

(resta en dB)

O ruído limita a sensibilidade do receptor. Canta maior distancia haxa entre o sinal e o ruído, mellor. Por iso é moi importante elixir unha boa antena. Non importa só o que amplifique, senón tamén o seu baixo nivel de ruído á saída. A norma require C/N ≥ 25dB

Tasas de Erros en Bit (BER)

No proceso de demodulación, o sinal de TDT/SAT sufre ata dúas codificacións de erros (Viterbi e Reed Solomon). O BER (Bit Error Rate) (A secas, sen V nin C) é a tasa de erros despois de pasar polas dúas proteccións de erros. A norma require BER ≤ $9\cdot 10^{-5}$. Se somos un pouco máis holgados, ata BER ≤ $2\cdot 10^{-4}$ xa temos garantía absoluta de boa imaxe. Exemplos de como interpretar:

Ves como $1\cdot 10^{-5}$ é mellor que $3\cdot 10^{-4}$. Daquela menos BER é mellor.

Tasas de Erros en modulación (MER)

O MER (Modulation Error Rate) representa numericamente o vector de erro no diagrama de constelación. Isto é a diferencia entre o sinal perfecto que debería recibirse e o sinal con erros que realmente se recibe.

$$MER=\frac{Nivel\ sinal\ recibido}{Nivel\ sinal\ erro}=(dB)$$

(máis MER é mellor)

Tanto o BER como o MER aparecen representados no diagrama de constelación. Canta máis dispersión, peor BER e MER:

O MER é moi útil para apuntar antenas, xa que en televisión dixital, o punto de mellor sinal non ten porque ser o de maior potencia recibida. Os cracks usan o medidor de campo fixándose no MER.

Diagramas de constelación

Na segunda hai peor BER e MER que na primeira:

Conselacións con erro de in-phase e cuadratura:


Extraído de:


Volver ó curso