TPIT08 - Prácticas de equipamentos de medida tipo A (medidor resistencia terra, illamento, polímetro)

Volver ó curso

Estas dúas prácticas son independentes.

1. Medición de terra

Como instalador ICT, deberás facer unha verificación de que a terra do edificio (que montou o instalador eléctrico), ten unha resistencia de menos de 10 Ω.

Le a wiki do telurómetro. Vai ao exterior do centro e mide nas dúas arquetas:

Dispara unha foto de cada medida e envíaas ó meu correo xunto cos resultados e os nomes dos participantes. Asunto: “TPIT08-1”

2. Medición de illamento e continuidade

A rede interior de ICT sempre é RJ45 (4 pares). A parte comunitaria pode ser de cable de 4 pares (distancia <100m) ou de dous pares simples (distancia >100m). Este último é o caso para esta práctica.

Monta un taboleiro como se indica na figura. Aproveita para repasar os nomes dos recintos e rexistros:

Realiza o protocolo de probas dos dous pares (principal e reserva) que aparecen en cor fucsia.

Dispara unha foto de cada medida e envíaas ó meu correo xunto cos resultados e os nomes dos participantes. Asunto: “TPIT08-2”


Volver ó curso