04. Instaladores de telecomunicación
Volver ó curso
As empresas que realicen actividades no ámbito de telecomunicacións (instalación ou mantemento) deben inscribirse no Rexistro de Instaladores de Telecomunicación creado na Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información (SETSI). Para poder efectuar a inscrición a empresa debe dispoñer dun titulado competente.
Lembra: Os instaladores de teleco que realizan instalación e mantemento de ICT deben habilitarse para instalacións de tipo A ou F (nova xeración) e dispor como mínimo dos equipos de medida adecuados.
Rexistro de instaladores de telecomunicación
Persoas físicas e empresas ou entidades que teñan condición de instaladores habilitados e queiran exercer. Teñen que cumprir os requisitos e ademais presentar a declaración responsable. Os requisitos son:
- Dispoñibilidade de medios técnicos apropiados.
- Cualificación técnica adecuada. Condición necesaria que a empresa teña un titulado competente para a actividade (universitario ou de FP).
- Seguro de responsabilidade civil.
- Estar consciente das obrigas tributarias e para coa Seguridade Social.
- Pago da taxa por inscrición no Rexistro.
Tipos de empresas instaladoras
TIPO A: Infraestruturas de telecomunicación en edificios ou inmobles. Neste grupo:
- Destinadas a captación e distribución de sinais de radiodifusón sonora e TV.
- Destinadas á distribución de sinais de telefonía, desde o distribuidor do edificio ata os puntos de conexión dos aparellos.
- Destinadas á distribución de sinais de telecomunicacións por cable.
- Portería e videoportería.
TIPO B: Instalacións de sistemas de telecomunicacións. Neste grupo:
- Centrais telefónicas.
- Cableado de voz e datos.
- Estacións VSAT (Very Small Aperture Terminals). Para datos via satélite.
TIPO C: Instalacións de sistemas audiovisuais (de ata 40kHz en audio e ata 10MHz en video):
- Instalacións de sonorización e megafonía.
- CCTV (Circuito Pechado de Televisión) e videovixilancia.
- Estudios de produción audiovisual.
TIPO D: Instalacións de centros emisores de radiocomunicacións (emisores e reemisores de radiodifusión, telefonía móbil, redes inalámbricas de exteriores).
TIPO E: Instalacións de telecomunicación en vehículos móbiles. Inclúese todo o do tipo D cando se realice en vehículo móbil.
TIPO F: Instalacións de infraestruturas de telecomunicación de nova xeración e redes de telecomunicacións de control, xestión e seguridade en edificacións e conxuntos de edificacións. Inclúense tódalas instalacións de ICT executadas mediante tecnoloxías de acceso ultra-rápidas.
Tecnoloxías de acceso ultrarrápidas inclúen: fibra ótica, cable coaxial e pares trenzados categoría 6 ou superior.
Equipamentos mínimos
TIPO A:
- Multímetro
- Medidor de terra
- Medidor de illamento
- Medidor de intensidade de campo con pantalla e posibilidade de realizar análise espectral e medidas de taxa de erro sobre sinais dixitais QPSK e COFDM. → isto é o medidor de campo.
- Simulador de frecuencia intermedia (5- 2150MHz).
TIPO B: Multímetro, medidor de terra, medidor de illamento e analizador/certificador de redes de telecomunicación si se traballan redes de datos ou comprobador de enlaces si se traballan centralitas privadas de aboado.
TIPO C: Sonómetro, multímetro, medidor de illamento, medidor de terra, medidor de intensidade de campo con pantalla e posibilidade de realizar análise espectral e medidor de impedancias en audiofrecuencia.
TIPO D: Frecuencímetro, watímetro, multímetro, medidor de terra, analizador de espectro, carga artificial e analizador de radiocomunicacións.
TIPO E: Equipos de rango e precisión de medidas adecuados, que incorporen as funcionalidades de medida dos aparellos sinaladas nos tipos anteriores, dependendo da instalación e a clase do vehículo no que se efectúe, con excepción do medidor de illamento.
TIPO F:
- Medidor selectivo de potencia óptica e testeador de fibra óptica monomodo para FTTH.
- Equipo de empalme ou conectorización en campo para fibra óptica monomodo.
- Analizador/certificador para redes de telecomunicación de categoría 6 ou superior.
Exercicios
- Mediante que proceso un instalador se inscribe no Rexistro de Empresas Instaladoras de Telecomunicación?
- a. Mediante o paso dunha proba que acredite os coñecementos requiridos.
- b. Mediante unha declaración responsable.
- c. Mediante un proceso de intercambio de información.
- d. Solicitando na secretaria xeral o carné de instalador.
- Cal dos seguintes equipos non se inclúe entre os medios técnicos mínimos que debe dispoñer un instalador de telecomunicacións tipo A?
- a. Medidor de intensidade de campo.
- b. Simulador de FI.
- c. Medidor de illamento.
- d. Medidor selectivo de potencia óptica para FTTH.
- Para ser instalador tipo F:
- a. Requírese equipo de empalme mediante fusión (fusionadora).
- b. Serve equipo de empalme mecánico.
- c. Non é preciso equipo para unir FO.
- Di que tipo de empresa instaladora (A, B, C...) vai con cada instalación proposta:
- a. Instalación de centrais telefónicas.
- b. Instalacións de sistemas de megafonía.
- c. Instalacións de ICT en edificacións executadas mediante tecnoloxías de acceso ultrarrápidas.
- d. Instalacións destinadas á captación e distribución de sinais de radiodifusión sonora e televisión
- e. Instalacións en centros emisores e reemisores de radiodifusión sonora e televisión.
- f. Instalacións de telecomunicacións a bordo de vehículos terrestres.
Exericios repaso tema
- Que persoa realiza a acta de replanteo dunha ICT?
- a. Arquitecto.
- b. Director de obra.
- c. Instalador de telecomunicacións.
- d. Proxectista.
- Cal das seguintes titulacións debe ter unha das persoas que traballen na túa empresa instaladora?
- a. Certas enxeñerías e enxeñerías técnicas, como IT Telecomunicación.
- b. Titulados de certos ciclos formativos de grao superior, como por exemplo técnico superior en sistemas de telecomunicación e informáticos.
- c. Titulados en certos ciclos formativos de grao medio, como por exemplo técnico en instalacións de telecomunicacións.
- d. Todas son certas.
- É obrigatoria a instalación de fogares dixitais en edificios de nova construción?
- a. Sempre. É un dos cambios no novo regulamento da ICT.
- b. A partir de 20 vivendas
- c. Nunca, só se recomenda.
- d. Depende do resultado do intercambio de información cos operadores de servizo.
- Unha das novedades máis relevantes do novo regulamento das ICT é a incorporación de:
- a. Estacións base para móbiles de última xeración.
- b. Estacións base para acceso mediante IEEE 802.11 a/b/g/n (Wi-Fi).
- c. Cableado de FO para o acceso a redes ultrarrápidas.
- d. Cableado de correntes portadoras (PLC) na instalación de interior de usuario.
- Que servizo da ICT se utiliza menos en España?
- a. RTV.
- b. STDP.
- c. TBA.
- d. SAI.
- Quen debe realizar o PT dunha ICT?
- a. Enxeñeiro con titulación adecuada.
- b. Arquitecto ou arquitecto técnico.
- c. Un titulado universitario de calquer especialidade.
- d. O instalador de telecomunicacións en todo caso.
- Cal dos seguintes equipamentos necesita exclusivamente un instalador de telecomunicacións dedicado á instalación de ICT de nova xeración?
- a. Medidor de terra.
- b. Simulador FI.
- c. Equipamento para empalme ou conectorización de FO.
- d. Medidor de intensidade de campo.
- Cantos tipos diferentes de instaladores de telecomunicación define o regulamento ICT.
- a. Só 1, o instalador ICT.
- b. 5tipos,A,B,C,D,E.
- c. 6tipos,A,B,C,D,E,F.
- d. Todas son falsas.
- A que tipo de instalador se corresponde aquel que realiza instalacións de ICT de nova xeración e redes de telecomunicacións de control, xestión e seguridade en edificacións ou conxuntos de edificacións
- a. Tipo A.
- b. Tipo C.
- c. Tipo D.
- d. Tipo F.
- Cando é obrigatoria a dirección de obra na execución dunha ICT?
- a. Cando o proxecto técnico se refira a ICT de edificios ou conxuntos de edificacións de máis de 20 vivendas.
- b. Cando nas ICT en edificacións de uso residencial se inclúan elementos activos na rede de distribución.
- c. Cando o proxecto técnico de ICT inclúa as instalacións de fogar dixital.
- d. Todas son correctas.
Extraído de:
- “Configuración de Infraestructuras de Sistemas de Telecomunicaciones” – Paraninfo, 2014
- Apuntes “Platega” do módulo de Configuración de Infraestructuras de Sistemas de Telecomunicaciones
Volver ó curso