01. ICT – Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións

Volver ó curso

Orixe da ICT

A mediados do século XX a televisión empezou a estenderse. Por cada domicilio se poñía unha antena no tellado e un cable pola fachada. Pronto se regulou isto e se fixo a primeira lei sobre antena colectiva.

Definición de ICT

Unha infraestrutura común de telecomunicación (ICT) é o conxunto de equipamentos, cables e medios técnicos que transportan os servizos de comunicacións desde os puntos de interconexión dos servizos ata as tomas de usuario:

Tamén inclúe as canalizacións dos cables e os armarios ou caixas de distribución ou rexistro.

Fíxate que algúns destes servizos entran por medios guiados (cables) e outros por medios non guiados (antenas).

Normativa

Existen unha serie de normas técnicas que garanten a calidade dos servizos. O marco legal da ICT é:

Ámbito de aplicación

Tódolos edificios que estean acollidos ó réxime de propiedade horizontal (Lei 49/1960, de 21 de xullo):

Isto se aplica ós edificios de nova construción ou que sufriran rehabilitación integral desde 1998. Exclúense as vivendas unifamiliares, aínda que a ICT pode aplicarse igual. Máis info.

As vivendas unifamiliares non precisan seguir a norma ICT, só se recomenda.

Estrutura da ICT2 (RD 346/2011)

O regulamento se divide en cinco anexos. Os nomes completos están no regulamento:

  1. Anexo I: Norma técnica de RTV terrestre y satélite.
  2. Anexo II: STDP y banda ancha.
  3. Anexo III: Especificacións técnicas mínimas (canalizacións, recintos...).
  4. Anexo IV: Inspección técnica de edificacións (ITE). A partir de 30 anos e despois cada 10. Establece o protocolo de probas para avaliar a operatividade das infraestruturas (medidas e comprobacións).
  5. Anexo V: Fogar dixital. Recomendacións, non obrigas en materia de seguridade, control do entorno, eficiencia enerxética, ocio e entretemento, comunicacións, contidos multimedia.

Vantaxes da ICT

Os servizos se reciben de maneira ordenada. Cando se contrata un novo servizo, o operador ten que utilizar de maneira obrigatoria as redes da ICT (recintos, arquetas, tubos...). Outra vantaxe é que aporta unha división de zonas que delimita as responsabilidades en caso de avaría:

Tamén garante o segredo de comunicacións.

Estrutura da orde de desenvolvemento da ICT2 (ITC/1644/2011)

Ten os seguintes obxectivos:

Preguntas de repaso

  1. Enumera os servizos que se abarcan na ICT.
  2. As instalacións de R/TV se reciben por medios: guiados / non guiados.
  3. As instalacións de STDP se reciben por medios: guiados / non guiados.
  4. As instalacións de SAI se reciben por medios: guiados / non guiados.
  5. Explica a estrutura da ICT e que se trata en cada anexo.
  6. As vivendas unifamiliares rurais entran no ámbito de aplicación da ICT?
  7. Se eu constrúo un edificio de vivendas e o manteño baixo o meu nome para arrendalo, terá que aplicar a norma ICT?
  8. Fai un esquema do ámbito de aplicación da ICT.
  9. Enumera algunhas vantaxes da ICT.

Extraído de:


Volver ó curso