Este ano Jesús Álvarez de Apemtic e máis eu impartimos a segunda edición do curso de radiocomunicacións para o CAFI da Consellería de Educación. Este curso pretende ser unha guía para o profesorado de FP que imparte materias de radio, sobre todo para aqueles que, coma nós, non teñen unha formación en telecomunicacións pero si en áreas afíns como a electrónica, as redes ou a informática.
Nesta entrada tedes as ligazóns ó material. Para esta edición engadimos dous temas novos: “Software Defined Radio (SDR)” e “Introdución ás redes TCP/IP”.
Materiais:
- Guía do Curso
- Tema 1a. Parámetros temporais e frecuenciais
- Tema 1b. Análise de Fourier
- Tema 2. Matemáticas con decibelios
- Tema 3a. Medios guiados
- Tema 3b. Modulacións analóxicas
- Tema 4a. Medios non guiados: antenas (I)
- Tema 4b. Software Defined Radio (SDR)
- Tema 5a. Medios non guiados: antenas (II)
- Tema 5b. Modulacións dixitais
- Tema 6a. Elementos de instalacións de radio
- Tema 6b. Introdución ás redes TCP/IP
- Tema 7a. Adaptación de impedancias e ROE (I)
- Tema 7b. Electrónica de comunicacións (I)
- Tema 8a. Adaptación de impedancias e ROE (II)
- Tema 8b. Electrónica de comunicacións (II)
- Tema 9. Rede de Área Metropolitana (MAN) / Servizo de Inet sen fíos (WISP)
Sesións presenciais:
- Diapositivas da primeira sesión presencial (16/10/2018)
- Diapositivas da segunda sesión presencial (6/11/2018)
Outros:
En futuras edicións seguirá habendo cambios, melloras (máis SDR, cabeceiras SMATV…) e correccións de erros. Se queres ter sempre a última versión posible, pon o ano actual na ligazón. Por exemplo, o tema 5a nesta edición de 2018 é: http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/05a/
Gracias a toda a xente que nos apoiou, axudou e contribuiu a corrixir erros. Foi un pracer participar nesta acción formativa tanto para Jesús como para min.
Creado para G1701016 – “Radiocomunicacións prácticas” e actualizado para G1801013 por Daniel Ríos Suárez e Jesús Álvarez Rodríguez
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
Este curso virtual elaborouse para ser impartido no plan anual de formación do profesorado de FP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia
Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos… que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.
Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU… tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan —acolléndose ao “Dereito de cita” — imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso… con dereitos reservados, agradecemos nos informe para retirala.