No primeiro trimestre deste curso impartín un curso para o CAFI da Consellería de Educación xunto con Jesús Álvarez de Apemtic.
Nesta entrada tedes as ligazóns ó material de “Radiocomunicacións prácticas” (edición outubro-decembro 2017, semipresencial). Para min este curso significou moito xa que é a suma do traballo de catro anos nos que exercín como profesor interino de Sistemas Electrónicos. O curso está orientado á impartición dos seguintes módulos profesionais:
- MP0365 “Instalacións de Radiocomunicacións” (CMELE02 – Instalacións de telecomunicacións, 1º curso, 107h, 3h/semana en 9 meses). Especialidade do profesorado: Sistemas Electrónicos.
- MP1053 “Mantemento de equipamentos de radiocomunicacións” (CSELE04 – Mantemento electrónico, 2º curso, 140h, 6h/semana en 6 meses). Sistemas Electrónicos.
- MP0551 “Elementos de Sistemas de Telecomunicacións” (CSELE02 – Sistemas de telecomunicacións e informáticos, 1º curso, 240h en centros dependentes da Consellería, 8h/semana en 9 meses). Sistemas Electrónicos.
- MP0556 ”Sistemas de Radiocomunicacións” (CSELE02 – Sistemas de telecomunicacións e informáticos, 2º curso, 105h, 5h/semana en 6 meses). Sistemas Electrónicos.
- MP0713 “Sistemas de Telefonía Fixa e Móbil” (CSELE02 – Sistemas de telecomunicacións e informáticos, 1º curso, 133h, 4h/semana en 9 meses). Equipos Electrónicos. Só certos contidos de telefonía móbil.
Materiais:
- Guía do Curso
- Tema 1a. Parámetros temporais e frecuenciais
- Tema 1b. Análise de Fourier
- Tema 2. Matemáticas con decibelios
- Tema 3a. Medios guiados
- Tema 3b. Modulacións analóxicas
- Tema 4. Medios non guiados: antenas (I)
- Tema 5a. Medios non guiados: antenas (II)
- Tema 5b. Modulacións dixitais
- Tema 6. Elementos de instalacións de radio
- Tema 7a. Adaptación de impedancias
- Tema 7b. Electrónica de comunicacións (I)
- Tema 8a. Medición ROE práctica
- Tema 8b. Electrónica de comunicacións (II)
- Tema 9. Radioenlaces punto a punto; Guifi.net
Sesións presenciais:
- Diapositivas da primeira sesión presencial (23/10/2017)
- Diapositivas da segunda sesión presencial (21/11/2017)
Outros (actividades, solucións…):
- Solucións das tarefas dos alumnos
- Solucións dos “Exercicios para os ciclos (NON ENTREGAR)”
- Selección de entradas nos foros do curso (curiosidades)
- Libro electrónico cos temas 1 a 8 en formato EPUB. Isto é un experimento, ten erros de interpretación no código, pero máis ou menos permite ver todo o curso nun só documento. Para lectura en e-reader, móbil, tableta…
Teño na cabeza algunhas melloras para posibles futuras edicións (incorporar temas de redes IP, SDR, Mikrotik, vídeos…) pero aínda é cedo para concretar nada.
En canto ós cuestionarios test, podédesmos pedir a min directamente a través do meu e-mail ou do formulario de contacto.
Quero reiterar o meu agradecemento a toda a xente que que me apoiou e confiou en min neste traballo.
Este curso foi realizado na súa maioría en formato Markdown utilizando Ulysses.
Creado para G1701016 – “Radiocomunicacións prácticas” por Daniel Ríos Suárez e Jesús Álvarez Rodríguez
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
Este curso virtual elaborouse para ser impartido no plan anual de formación do profesorado de FP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia
Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos… que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.
Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU… tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan —acolléndose ao “Dereito de cita” — imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso… con dereitos reservados, agradecemos nos informe para retirala.