9. Rede de Área Metropolitana (MAN) / Servizo de Inet sen fíos (WISP)

1.- Enlace inalámbrico

Radio Enlace – ¿Qué é un radioenlace?

Denominase radio enlace a calquera interconexión entre os terminais de telecomunicacións efectuados mediante ondas electromagnéticas. Podemos distinguir entre enlaces de acceso fixo (802.16d) e móbiles (802.16e).

Podese definir o radio enlace de acceso fixo, como sistemas de comunicacións entre puntos fixos situados sobre a superficie terrestre, que proporcionan unha capacidad de información, con características de calidade e dispoñibilidade determinadas. Típicamente estos enlaces traballan entre os 800 MHz y 42 GHz, en bandas licenciadas ou non licenciadas como 2.4 Ghz y 5Ghz.

Os radio enlaces, establecen un concepto de comunicación do tipo dúplex, onde se transmiten dúas portadoras moduladas: unha para a transmisión e outra para a recepción. O par de frecuencia asignadas para a transmisión e recepción das sinais, chamaselle canle.

Os enlaces realízanse básicamente entre puntos visibles, calquera que sexa a magnitude do sistema de microondas, para o seu correcto funcionamiento é necesario que os recorridos entre enlaces teñan unha altura libre axeitada para a propagación en toda época do año.

Dependerá da nosa infraestructura,das necesidades dos usuarios finais e da xeografía de cara a escoller o esquema de conectividade:

ENLACES PUNTO A PUNTO (PTP)

As redes punto a punto aplícanse para un tipo de arquitectura de rede especifica, na que cada canle de datos e usada para comunicar únicamente dous nodos. Os dispositivos AP Y CPE soportan o modo de punto de acceso e o modo de estación,dacordo o diseño da rede. A configuración mas sinxela dunha conexión punto a punto, é utilizando duas antenas direccionales que serán utilizadas para a transmisión de toda a súa capacidade entre os dous puntos escollidos.

ENLACES PUNTO A MULTIPUNTO (PMTP)

O obxetivo primario dos multipuntos é a transmisión de datos dende un nodo principal ou estación ata múltiples CPE

ENLACES PUNTO DE REPETICIÓN

Un repetidor técnicamente traballa como unha estación e un punto de acceso o mesmo tempo, e utilizado para extender a zona de cobertura tomando a señal dunha base de punto de acceso e transmitila as áreas non cubertas. Este tipo de cobertura pode incrementarse sen unha porta de enlace adicional. Esta solución pode ser para interiores ou exteriores. A rede extendida pode ter a mesma ou diferente configuración de seguridade coa base AP.

REDES PRIVADAS WIFI

Zoas con cobertura no fogar ou zona de traballo que nos permiten utilizar radios físicas (SSID) ou virtuales (VSSID), permitindo crear varias redes virtuais un so equipo físico. É unha solución moi efectiva o requerir menor equipamento e proveer internet a varios tipos de usuarios o mesmo tempo.

Por exemplo. Un hospital un SSID destinase os traballadores, outro SSID para os pacientes ou visitantes. Ambalas redes están ailladas por medio dos mesmos recursos físicos.

2.- Frecuencias- Amplo de canle

A elección da banda de frecuencias na que imos despregar o noso radioenlace é de suma importacia o longo da fase de diseño, delo dependerá o alcance e a calidad da sinal recibida.

Normalmente non existe a posibilidade de elexir as frecuencias de funcionamiento, o vir impostas de anteman, aínda así dispoñemos de certo grado de libertade. Sexa cal sexa o noso caso, e tanto se utilizamos bandas libres como aquelas que requiren dunha licencia, Temos que ser cuidadosos no diseño e instalación no gaio de evitar cos equipos causen interferencias con outros sistemas ou radioenlaces instalados previamente.

Unha das ventaxas inherentes a utilización dunha banda libre é o aforro na súa explotación, e por contra existen máis posibilidades de sufrir interferencias. En calquera caso existe normativa o respecto que debemos coñecer.

No caso de España, a atribución de bandas de frecuencia os respectivos servizos radioeléctricos, así como as características técnicas que deben cumprir istos en canto a potencias de emisión ou asignación de canles, recollense no CNAF (Cuadro Nacional de Atribución de Frecuencias).

Frecuencias ceibes:

Cada banda está dividida en canles. As bandas e as canles utilizados para unha rede poden tener un gran impacto no rendemento e a estabilidade.

Banda 2,4 GHz

En España podense utilizar as canles 1-13; a canle 14 é o único prohibido, soamente é ceibe en Xapón. Sendo a potencia máxima de 20 dBm.

Banda 5 GHz

Permétese o uso das canles 36-64 e 100-140, o igual que no resto da Unión Europea. A potencia máxima depende do escenario, xeralmente é 23 dBm y 33 dBm respectivamente para equipos ca marca CE a partir de 2015 (ETSI EN 301 893 V1.8.1).

5GHz ofrecenos maior rendemento, reducindo o sue alcance en comparación cos 2,4 GHz e presenta maior dificultade de penetración a través de paredes uo obstáculos coma árbores.

Tamén ofrece Selección Dinámica de Frecuencia (DFS). DFS permite o punto de acceso cambie de canle se detecta un radar militar ou meteorolóxico que xa esté usando esa canle.

O amplo de canle determina a cantidade de amplo de banda utilizado dentro do espectro de radio durante a transmisión. Usar máis amplo de banda pode acadar velocidades máis rápidas, pero tamén aumenta as posibilidades de que outras sinais na mesma zona interfiran usando o mesmo espectro de radio. O amplo de banda midese en megahercios (MHz).

Video explicativo de Airview

3.- LoS - Línea de vista

Os radio enlaces de microondas son moi sensibles a existencia duna liña de vista do receptor (LOS, Line Of Sight); A liña de visión implica que ámbalas dúas antenas, a dun extremo do radio enlace ten que “ver” a súa parella no outro extremo.

Expoñemos catro pasos básicos para o desenrolo dun radio enlace:

Deixovos un video onde poderedes ver o funcionamento das constelacións.

Ferramenta online do proveedor Ubiquiti para o calculo de radio enlaces

Para rematar coa sección de radio enlaces non vos perdades esta expliación dun dos multiples fabricantes sobre os multiples factores a ter en conta: Video resumo "webminar"

4.- Enrutamento

O enrutamento é o proceso de reenviar paquetes entre redes, sempre buscando a mellor ruta co gaio de atopar ese camiño óptimo, para elo a de ter en conta a taboa de enrutamento e outros parámetros como a métrica, a peso administrativo, o amplo de banda,…

Ningún paquete é enviado sen unha ruta. A ruta é seleccionada segundo os protocolos de enrutamento utilizados.

O equipo primario que realiza o proceso de enrutamento é o Router.

Aquí atoparedes unha pequena sintesi de planificación de redes para evitalas "tormentas de Broadcast"

5.- QoS

QoS é o acrónimo de Quality of Service, ou calidade de servizo, o cal establece diversos métodos destinados a fornecer a fluidez no tráfico da rede. Para elo, dalle prioridade o tráfico segundo o tipo de datos que transportan. Por exemplo, é usual darlle prioridade o tráfico de administración e infraestructura.

A conexión de rede, ben sexa de área local como acceso a Inet é finita, está limitada pola capacidade da banda ampla que poida facilitar o teu proveedor. Iste factor de escaseza é o proposito da administración da calidade de servizo, para asignalas nosas preferencias sobre o tráfico adaptandoo as prioridades.

QoS tratará un paquete de datos dunha forma uo outra en función da clase a que pertenza. Dependerá un pouco do administrador do Router para establecer un tipo de clasificación ou outra. Neste sentido, somos capaces de diferenciar, clasificar e permitir entre paquetes de datos que vaian destinados a unha videoconferencia, un xogo online, unha película por streaming, … exemplarizando servizos que demandan un consumo de datos alto, tanto de baixada como tamén de subida, que soe ser o factor mais escaso.

Unha vez clasificados os paquetes de datos e establecidas as prioridades, QoS ordea os paquetes para a salda en diferentes colas según súa clase. A partir de aquí, e según as prioridades establecidas, vai enviando os paquetes. Desta maneira, asegurase de manter unha boa calidad de servizo sobre o tráfico da rede, coñecido coma gestión do amplo de banda, unha das partes principais do QoS.

6.- Monitorización

O aumento de dispositivos coñectados unha mesma red incrementa o risco de mal funcionamento, ralentización ou fallos. Esto pode perxudicar o estado dos nosos equipos e incluso comprometer a seguridade de nosa red.

Para reducir estes riscos e previr erros temos os sistemas de monitorización de redes, son os encargados de analizar os datos de funcionamento de tódolos equipos coñectados a rede co fin de garantizar o seu control e adminitración, o que permite optimizar o desempeño da nosa rede..

Unha vez configurado o monitor de rede establecense prioridades, o monitor encargase de analizar constantemente métricas como tempo de resposta, dispoñibilidade de recursos, tempo de funcionamento continuo, consistencia, confiabilidade, etc. Estos datos, xeneran reportes categorizados como eventos; frecuentes, ocasionais,..., así como a asigñarlles nivel de gravedade según o caso. Resulta unha ferramenta moi boa para saber o estado da nosa rede así coma posible intromisión.

Cando ocurre un erro ou algún compoñente importante ralentizase, envía unha notificación ao encargado do seu mantemento.

7.- Xestión

ERP (del inglés Enterprise Resource Planning) fai referencia a un conxunto de sistemas de información que xestionan tódalas áreas do negocio dunha organización: finanzas, ventas, marketing, producción, RRHH, cadea de suministro, etc.

É unha solución de xestión global que organiza a información da empresa, mellora a comunicación entre empleados, optimiza procesos e facilita a toma de decisións.

Noutras palabras, un sistema ERP actúa como o mellor catalizador do crecimento da compañía frente o continuo avance tecnolóxico e o crecemento dunha competencia cada vez máis global.

Resumindo, hoxe en día é necesario contar cun software ERP co gaio de optimizar todolos seus procesos, axudando a reducir os costes e aumentar a rentabilidade permitindo una xestión e relación co usuario moito mais sinxela e eficaz.

Beneficios de implementar un sistema ERP

Entre las ventaxas cun ERP ofrece as empresas:

ERP tamén acarrexa movilidade: gestiona o tu negocio dende cualquera lugar.

Na actualidade, cada vez son máis as empresas que, xa sexa pola sua propia actividade ou pola cultura empresarial actual, estanse promoviendo o trabajo en remoto. Para mantener a productividade e la colaboración, é necesario contar con solucións ERP que permitan os empregados coñectarse, consultar, editar e compartir información dende cualquiera lugar e dispositivo.

8 .- Seguridade

Por seguridade informática entendemos o proceso polo cal as empresas intentan protexer a privacidade, seguridade e integridade da información e datos que contieñen os seus sistemas informáticos.

Na actualidade, estamos a vivir multiples episodios de ciberataques a empresas. Importantes organizacions, tanto públicas como privadas, sufren estes ataques os seus sistemas informáticos. Estes ciberataques non só afectan a clientes ou inversores de ditas compañías, senon que poden chegar a afectar a seguridade nacional o rexional dos distintos estados ou os propios usuarios.

Se unha organización quere ser competitiva nos tempos que corren debe contar con sistemas, recursos e plataformas TIC áxiles e cun alto nivel de dispoñibilidade, o que exige unha xestión efectiva e un amplo proceso de transformación dixital. O proceso de transformación dixital no que están inmersas a mayoría de organizacions e a sociedade en xeral, permite que se podan cometer ataques contra a seguridade informática das empresas dende calquera parte do mundo utilizando como ferramenta tan so un dispositivo con conexión a rede ( routers,aspiradoras, vehiculos, ... ). É por elo cas organizacions teñen que prestar especial atención a protexerse de posibles ataques eventuais xa que nadie está a salvo dos malware ou crackers.

Radius un sistema dun protocolo de autenticación e autorización( triple A ) para aplicaciones de acceso a rede.

Para rematar deixovos un par de videos recetes da asociación Aspertic para que vos fagades unha idea da importancia da seguridade nos días que corren:

Tarefa para entregar do tema 9

Entrega aquí en formato PDF a tarefa do tema 9. Esta tarefa consiste en:

  1. Elixir dous puntos para facer o teu Radioenlace. Poden ser dous puntos reais que realmente che interesen (dende a túa casa ou o teu centro a outra ubicación) ou non.
  2. Antes de levar a cabo o Radioenlace, temos que comprobar a súa viabilidade. Para iso, o segundo paso será comprobar que hay visión directa entre os puntos elixidos (se non é así debes cambiar algunha ubicación hasta conseguir visión directa entre os teus puntos). Utilizaremos a ferramenta vista na sesión práctica e á que podes acceder a través de calquera das seguintes direccións https://link.ubnt.com/https://wisp.heywhatsthat.com/

Configura as antenas e dispositivos uo ben:

  1. Levantar un radioenlace punto a punto e outro punto multipunto. Posto que para iso é necesario ter antenas ou equipos e non todos dispoñedes deles poderedes simulalo con algunha aplicación; GNS3. Tamén e factible utilizar routers domesticos ou aparellos obsoletos. A finalidade e crear una rede inalámbrica controlada polo router principal o resto dos dispositivos poden ter configuración automática (modo ponte ou transparente).
  2. Levantar un radioenlace punto a punto e outro punto multipunto. Posto que para iso é necesario ter antenas ou equipos e non todos dispoñedes deles poderedes simulalo con algunha aplicación; GNS3. Tamén e factible utilizar routers domesticos ou aparellos obsoletos. A finalidade e crear una rede inalámbrica nal cal fagamos incapé na segmentación da rede ben sexa mediante VLAN's, NAT, ou calquera outra metodoxía de seguridade.

Valorase o total do documento presentado tanto o plantexamento redactado como a práctica, esta última non é de carácter obrigado a cal e moi positiva así como calquera outra iniciativa propia coma, por exemplo, engadir algún elemento que provoque un fallo no noso plantexamento; dous servidores DHCP no primeiro exercicio.  

Debes crear un documento con capturas de pantalla (brevemente comentadas) onde se vexan cada un dos pasos realizados.

Nomea o ficheiro da seguinte forma: Se o teu nome é Daniel Ríos Suárez, o PDF debería chamarse → 09_Rios_Suarez_Daniel.PDF


Creado para G1801013 – “Radiocomunicacións prácticas” por Jesús Álvarez Rodríguez

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Este curso virtual elaborouse para ser impartido no plan anual de formación do profesorado de FP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia

Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" --- imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados, agradecemos nos informe para retirala.