Curiosidades publicadas nos FOROS


Os teléfonos móbiles son perigosos para a saúde? (5 de outubro de 2017)

Vexamos o que opina a ciencia sobre o asunto este das "microondas":

https://youtu.be/VKxc51b4sSM

 



Apagón 3G e 2G (9 de outubro de 2017)

Ola a todos, feliz semana de tres días para @s afortunad@s. Deixovos unha lectura opcional sobre o tema da ocupación do espectro UHF:

"El 4G se extiende entre los móviles más básicos para anticiparse al apagado de las redes 2G y 3G" (Xataka Móvil)

Todos sabedes o tema do apagón analóxico (fíxose para liberar frecuencias e aforrar electrididade nas estacións transmisoras), o dividendo dixital de 2015 (para darlle frecuencias máis baixas á telefonía móbil, ata 790MHz), quizáis sentíchedes falar de outro futuro dividendo dixital (ata 694MHz), e quizáis, quizáis tamén oíchedes algo de que ó final (por 2030) van liquidar a TDT por completo para deixar toda a banda IV e V de UHF dispoñible para telefonía móbil (de quinta ou de oitava xeración, quen sabe).

O caso é que aquí non cabe un estándar máis. Non é que non haxa frecuencias, o que pasa é que como di o mandamento das radiocomunicacións, as frecuencias máis baixas sofren menos atenuacións, e esas están ocupadas pola caixa tonta.

Deixando aparte o tema de canibalizar a TDT, empeza a xurdir a idea de ir liquidando estándares antigos, e ese é o asunto que trata o artigo. Se queredes unha opinión algo máis moderada, eu lin sobre a posibilidade de liquidar o 3G deixando o 2G baseándose en que non existen terminais 3G sen conectividade 2G. Funcionarían máis lentos, pero funcionarían.

 

 



O telégrafo óptico (12 de outubro de 2017)

O telégrafo óptico non usaba as radiocomunicacións, pero si que era "inalámbrico".

Tratábase dun panel cun ou varios cursores pensados para ser vistos a longas distancias e repetir os sinais. Vídeo dun moi primitivo: "Vea cómo funcionaba el email" napoleónico""

Na novela "O Conde de Montecristo", de Aleixandre Dumas (pai), hai un capítulo memorable no que o conde soborna a un funcionario de telégrafos para que envíe a París información errónea sobre unha posible revolta carlista en España e así provocar unha desbandada na bolsa que leve aos seus inimigos á ruína. 

Capítulo completo. Ler a partir de onde pon:

"El conde de Montecristo no fue, como había dicho aquella tarde, a visitar el telégrafo; pero la mañana siguiente salió por la barrera del Infierno, tomó el camino de Orleáns, pasó el pueblo de Linas sin detenerse en el telégrafo, que precisamente en el momento en que pasaba el conde hacía mover sus largos y descarnados brazos, y llegó a la torre de Monthery, situada, como es sabido, en el punto más elevado de la llanura de este nombre."



Capturando sinais dun mando de garaxe (UHF) (17 de outubro de 2017)

Os SDR (Software Defined Radios) son as "navallas multiusos" das radiocomunicacións. Permiten enviar e recibir sinais de <case> todo tipo. Os máis populares son RTL-SDR (10€) e LimeSDR (150-300€). O software que utilizan é habitualmente aberto e independente do hardware.

Os rapaces de LimeSDR están a publicar unha serie de vídeos na súa páxina amosando aplicacións reais. Nesta ocasión, utilizan o software URH para capturar os sinais ASK binarios (OOK: ausencia de sinal = 0, presencia de portadora = 1) que emite un mando de garaxe corrente. 

O programa amosa o sinal recibido no dominio do tempo. O usuario especifica a modulación e o periodo de signo e o programa demodula e amosa a trama binaria.

https://www.crowdsupply.com/lime-micro/limesdr-mini/updates/investigating-wireless-protocols-with-universal-radio-hacker

Quen tivera un destes para dar clase de "Elementos"!

(os SDR non se imparten neste curso)



Boletín semanal de radio-electronics.com (25 de outubro de 2017)

O luns conteivos que estou encantado coa páxina radio-electronics.com e recomendeivos a suscrición semanal. Teñen vídeos, eses artigos breves tipo wiki que vos amosei, etc. Aquí tedes o boletín desta semana para botarlle unha ollada.

Facer suscripción via email.



Resucitar o router Linksys azul (25 de outubro de 2017)

Dende hai 13 ou 14 anos os centros da Xunta están repletos de routers WRT54G, que co tempo se foron dando de baixa.

Trátase dun router moi popular e estendido, que deu lugar á creación dos primeiros firmware abertos para routers baseados en Linux, OpenWRT e DD-WRT. Se tes por ahí un destes routers olvidados, podes instalarlle un destes firmwares, e controlar a potencia de emisión, poñelo a traballar como repetidor NAT, repetidor en ponte, portal cautivo, autenticación RADIUS, e, en suma, un montón de funcións avanzadas de radio e redes.

Se non tedes antenas, podedes ter un pequeno problema xa que estes routers levan un conector moi pouco habitual. Para poder conectar antenas Wi-Fi domésticas, precisaredes dun adaptador RP-TNC macho a RP-SMA femia:

*Se tedes un punto de acceso Linksys dos azuis pode que non vos interese este firmware xa que os APs non soportan gran cousa.



E se non teño cobertura móbil na casa? (25 de outubro de 2017)

Resulta paradóxico que nesta época haxa xente con conexións de 300Mbps de fibra e que esas mesmas persoas non poidan usar o móbil con normalidade dentro da casa por falta de cobertura (edificios históricos, zonas baixas ou de excesiva "sombra", etc).

As empresas resolven isto con femtoceldas (Estancións base de telefonía móbil do tamaño dun punto de acceso Wi-Fi que se conectan á rede telefónica fixa, como é o caso no Marineda City) ou en caso de túneles (metro) con instalacións de cableado radiante (leaky feeder) conectado directamente á BTS. Pero que facer se tes ese problema na casa?

Pois un particular ten estas opcións:

Este proxecto de LimeSDR é unha cousa anecdótica, pero tamén é o primeiro paso para chegar a montar unha rede 4G privada. 

*Ás estacións base de telefonía móbil se lles chama BTS (2G), NodeB (3G), ou eNodeB (4G/LTE).



RFID nas carreiras populares (running, running!) (30 de outubro de 2017)

RFID é un sistema no que a antena de punto de acceso enerxiza ó cliente coa súa propia enerxía electromagnética. Este recibe a alimentación xusta para responder. Isto permite que os clientes teñan moi pouca electrónica e <casi> nada de acumulación de enerxía. É o sistema das alarmas dos hipermercados, dos telepeaxes, e neste caso, dos dorsais das carreiras populares. É de obrigado uso nas carreiras que puntúan para a Federación Galega de Atletismo.

As fotos a continuación foron tomadas nunha carreira en Betanzos. Pegatina do dorsal, coa antena "cliente" RFID. Un dipolo:

Antenas panel con conector N. Están na liña de saída para contar as voltas. Nas carreiras numerosas, nas que non todo o mundo sae á vez, tómase en conta o tempo desde o primeiro paso pola liña, non desde que se pulsa o botón de saída.

Servidor RFID. Conéctase ás antenas e a outros elementos como a pantalla (video por compoñentes), display 7-seg no que o público pode ver o tempo transcurrido, altofalantes, pulsador de saída, modem 3G para subir os resultados, etc. É da marca RFID Race Timing Systems:

 

 



Buscando frecuencias de uso libre no CNAF (5 de novembro de 2017)

O Cadro Nacional de Atribución de Frecuencias é o documento no que se especifica a distribución de frecuencias e usos para o espectro radioeléctrico. Descargar táboa do CNAF.

Para as nosas clases, interésanos as filas da táboa nas que se especifique uso ICM. ICM é a tradución directa do inglés ISM, e se refire ás frecuencias libres, que non requiren licenza para uso Industrial, Científico e Médico, Industrial, Scientific and Medic.

Imos dar unha volta por algunhas desas frecuencias

Banda de 2,4 GHz (2400-2500). Bluetooth, a maioría das Wi-Fi, teléfonos inalámbricos, e moitos dispositivos propietarios:

Banda de 5 GHz para Wi-Fi ac e Wi-Fi n

Banda de 60 GHz para Wi-Fi ad. Trátase dun estándar que se activará só cando estemos moi cerca do router (cambio de banda automático), logrando velocidades de transferencia de 7 Gbps cando estamos a menos de 10m:

Servizos de radio PTT. Vímolos na primeira xornada presencial. Véndense equipamentos de 27 MHz, 144 MHz e 433 MHz. O primeiro e o último son de uso ICM, o de 144 require licenza:

As “UN” que aparecen nas táboas son notas de Utilización Nacional. Neste PDF veñen explicados os usos.

Palabras que se usan en inglés:



¿Plata o plomo? (14 de novembro de 2017)

A serie “Narcos” está a causar sensación. Non é só unha serie famosa, senón que tamén é un dos primeiros casos de éxito nos que unha produtora practicamente allea a Hollywood e a calquera cadea de televisión logra un éxito dese nivel. Así é como Netflix pasou de ser un servizo de video baixo demanda (VoD) a converterse tamén nunha produtora. Tras isto seguiría Amazon Prime (“Man in the High Castle”), e pode que Apple veña detrás.

Pero ese non é o motivo desta entrada. O caso que nos ocupa é a historia da serie, que se ambienta en Colombia nos anos 80 e 90. Nesa época os avances nas comunicacións eran enormes pero aínda non chegara Internet nin se implantara a telefonía móbil. Os radioafeccionados vivían a súa época dourada.

Fálase das “ham radio” (diminutivo de amateur radio). Os narcos utilizan diversos sistemas de radiotelefonía e trunking para comunicarse en longas distancias. A DEA e o bloque de búsqueda utilizan medidas de escoita e localización. A espionaxe está á orde do día.

— ATENCIÓN SPOILER —

No episodio 8 da segunda temporada "Exit El Patrón”, realízase unha triangulación. Isto é a medición da potencia recibida (RSSI) do sinal que se emite desde a radio dun narco desde varios puntos para saber a súa ubicación. Coñecendo as perdas por atenuación no espazo libre, é posible saber a qué distancia está.

Ligazón a vídeo.

Así é como logran capturar a “La Quica”, un dos lugartenentes de Pablo Escobar.

Na escea faise triangulación con dous equipos: unha furgoneta e unha avioneta, o que da lugar a dúas posicións posibles (non é triangulación totalmente definida).



A radio en tempos de guerra (25 de novembro de 2017)

Os seguintes recursos forman unha tarefa voluntaria na que os alumnos deben facer unha pequena memoria sobre un dos tres recursos. Espérase que comenten o contido e expoñan as súas opinións. A máis exitosa é a historia das antenas de Arneiro, que lle debo ó meu amigo Isaac González, un profe da nosa familia que ademais é natural de Lugo.

Unha historia de Iker Jiménez

En Cospeito, Lugo, había un array formado por tres antenas monopolo de tipo "torre radiante" de 120m de altura. Esta instalación foi levantada polos nazis en 1940 para facilitar a navegación aérea por triangulación de radiofaros O sistema se chamaba Elektra-Sonne, pero os aliados tamén o utilizaban baixo o nome de Consol.

Este sistema de radio-faro era vital para a guerra no Atlántico. O eixo tiña tanto interese en montar a instalación en Lugo e en facelo no máis absoluto segredo que decidiron traer os materiais en avión. Así naceu o Aeródromo de Rozas (Castro de Rei), que se usa desde hai anos para avionetas privadas e é célebre hoxe en día polo sitio tecnolóxico dos drones.

https://www.youtube.com/watch?v=llCrpaIuVwY

Podes ler a historia completa:

Un podcast sobre a Segunda Guerra Mundial

Episodios de "Zafarrancho Podcast" sobre a radio en tempos de guerra.

Ep. 08 Zafarrancho Podcast – Claroscuro radioeléctrico (2:56:63)

Este programa está dedicado a vosotros, oyentes.  

A vosotros y a la radio.

La radio en tiempos de guerra.

Nuestro episodio de hoy será un regalo. Un presente tanto para los amantes de la historia militar, como para los aficionados a la radio y a su evolución digital, los podcasts. Si estáis leyendo esto quiere decir que los programas de audio os parecen una buena opción para entreteneros y de que os gusta esta manera de transmitir mensajes, información o música. 

Así que seáis aficionados a la historia, oyentes de radio, seguidores de podcasts, locutores, empleados de radio o colegas podcasters, este programa está dedicado a vosotros. 

Ep. 14 Zafarrancho en Gotas - Heraldos solidarios (33:40)

Este episodio girará alrededor de los mensajes de los prisioneros de guerra norteamericanos enviados a través de la radio propagandística alemana.

Tal y como comentamos en nuestro octavo episodio regular, todas las potencias en pugna durante la Segunda Guerra Mundial usaron la radio como parte del esfuerzo bélico, enviando información a la retaguardia enemiga que podía ser falsa, ambigua o inclusive, cierta. Detalles sobre el asunto están en ese octavo episodio.

Regresando a los mensajes de los POW, o sea, los "Prisioners of War", los alemanes los usaban como medio para desmoralizar al enemigo, haciéndole ver que todos los que lucharan contra ellos terminarían muertos o capturados.

Los mensajes en cuestión eran transmitidos al otro lado del Atlántico y .... ¿Quieres saber qué sucedía con esos mensajes? Escúchalo en aquí en este, nuestro XVI episodio.

Nesta tarefa se pretende que fagades unha exposición oral sobre unha parte interesante do podcast. Trátase de escoller unha ou varias partes chamativas, que vaian gustar ó resto da clase.

Fonte: 

Unha película da radio nos ghettos

Déixovos un enlace ó trailer desta película de Robin Williams sobre a radio na 2ªGM:

https://www.youtube.com/watch?v=nDNkKJgcbco

Recorda bastante a "La Vida es Bella", pero non é tan boa.



Medidor ROE de agullas cruzadas (30 de novembro de 2017)

Aquí vos deixo un vídeo que gravaron os alumnos de distancia do CM Instalacións de Telecomunicacións do CIFP Ferrolterra o curso pasado. Gracias a Suso Somoza por recuperalo.

https://drive.google.com/file/d/1IGihEKmzOAf_d7eFVnV5RKmZiEWAk_NL/view?usp=sharing

É unha das prácticas que fixemos na segunda sesión presencial.



Argallando co RigExpert IT-24 (5 de decembro de 2017)

 

Neste breve vídeo utilizo o RigExpert para medir sinais Wi-Fi, Bluetooth, e o forno microondas. Toca conceptos como RSSI (potencia recibida), ruído, SNR, ancho de banda de canal, span, distintas representacións no espectro, etc. Ver vídeo.

Por desgracia non probei con moitos microondas, pero todos deixaban saír bastante radiación. Bueno, segundo se mire: 0 dBm = 1mW.

 



Despedida e peche (23 de decembro de 2017)

Ola a tod@s,

Chegando á data de finalización deste curso, quero agradecervos persoalmente a vosa colaboración e participación. Lamento o estricto da normativa de faltas en canto ás sesións presenciais pero non nos queda máis remedio que seguila.

Este curso supuxo para min o colofón á miña época de interino PES na especialidade de Sistemas Electrónicos. Quero agradecer a toda a xente que nestes anos me apoiou de algunha maneira, sobre todo ó apoio familiar (á miña muller, nai, pai, irmán, irmá… e demais persoas que me aturaron nas miñas épocas de ermitaño detrás dunha pantalla), e tamén ós compañeiros dos distintos departamentos de Electricidade e Electrónica de Galicia que en algún momento me axudaron con ideas, libros, tarefas de elaboración artesá, discusións case sempre productivas, e pasta para comprar material fóra de horas.

Non quero deixar sen nomear os centros que me acolleron e me formaron nesta etapa decisiva da miña carreira profesional (por orde cronolóxica): CIFP Politécnico de Lugo, Escuela de Especialidades Antonio de Escaño, CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Ferrolterra.

Tamén quero lembrar o pulo que supuxo no seu momento “Comunicacións Radioeléctricas II”. En 2013, coa LOE recén implantada, foi moi útil que se fixese un curso de matriculación automática para todos os docentes de módulos que impartían os módulos relacionados coa área.

E agora, falemos do que falta por rematar neste curso. Como xa dixo Ignacio, o curso seguirá aberto ata mediados de xaneiro. Isto é o que falta:

Cando o curso estea completo, farei o anuncio final. E agora… Felices Festas!

Daniel Ríos Suárez (danielrios@edu.xunta.es)



Chándal con nanofibras 4G (28 de decembro do 2017)

O operador de telecomunicacións estadounidense T-Mobile vén de presentar un invento destinado a cambiar o mercado da moda, accesorios deportivos, e a maneira na que se implantan as redes móbiles.

O T-Mobile ONEsie é moito máis que un chándal con conectividade 4G. Trátase dun invento revolucionario difumina a fronteira entre os wearables e a alta costura. Ofrece unha experiencia inalámbrica totalmente inmersiva que monitoriza todas as constantes vitais do usuario, ademais de extender a cobertura da rede telefónica gracias ás nanofibras LTE que integra na súa composición.

Ligazón a vídeo

Máis info



Mandamentos das radiocomunicacións (6 de febreiro de 2018)

Se non volo dixen xa, feliz ano! Nesta semana conto con rematar a subida de materiais do curso. Xa tedes todas as solucións ós apartados “Exercicios para os ciclos (non entregar)” nesta ligazón e case <repito> case todas as solucións dos alumnos que me pareceu interesante subir nesta outra ligazón. Se alguén non foi contactado e quere que lle suba a súa tarefa, que mo pida con toda confianza. Eu fun marcando algunhas segundo as iba corrixindo pero seguro que deixei atrás algunha interesante.

Seguinte punto: cara finais desta semana enviareivos a última mensaxe deste curso con TODO. Cando digo todo refírome a: apuntes en HTML, EPUB, solucións, etc. Poreinos enlazados á miña páxina para que eses permanezan dispoñibles no futuro. De momento tedes aberto este curso ata final deste mes de febreiro.

E agora, déixovos cunha curiosidade desas que a min me gusta publicar nos foros:

O seguinte material é unha tradución libre do artigo “10 COMMANDMENTS OF WIRELESS COMMUNICATIONS”, que ten unha explicación en vídeo aquí.

Estes son os dez mandamentos das radiocomunicacións:

  1. Coñecerás os dBm e recordarás as conversións máis típicas.
  2. Non codiciarás as altas frecuencias – a menor frecuencia, máis permisivas son as leis da física e da propagación.
  3. Honrarás á sensibilidade do teu receptor – xa que o rendemento a longa distancia non depende só da potencia de transmisión.
  4. Non tomarás o ruído en vano e recoñecerás situacións onde o ruído poida afectar á instalación.
  5. Santificarás o marxe de esvaecemento – así terás un radioenlace que funcionará en chuvia, neve ou presencia de interferencias.
  6. Amarás os poderes matemáticos e lóxicos cando escollas equipamentos inalámbricos.
  7. Non consentirás árbores frondosas nin montículos entre as túas antenas. Elevarás as túas antenas cara os ceos e nunca, nunca intentarás enlazar ó vano máximo que anuncia o fabricante.
  8. Separarás á antena das súas irmás, xa que na soidade aparece a claridade.
  9. Non serás avaro coa calidade do cable, senón coa súa cantidade.
  10. Non tomarás os problemas de latencia e paquetización en vano.

O segundo mandamento me lembra a cuestión de escoller unha frecuencia adecuada:


Creado para G1701016 – “Radiocomunicacións prácticas” por Daniel Ríos Suárez

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Este curso virtual elaborouse para ser impartido no plan anual de formación do profesorado de FP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia

Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" --- imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados, agradecemos nos informe para retirala.