Empeza por descargar e abrir MMANA-GAL. Enlace.
Cambia o idioma a español no menú: Setup → Language → Spain.
O programa se divide en catro pestañas:
En "Geometría" establecemos as coordenadas dos elementos da antena, "Vista" permite ver a antena da pestaña anterior, "Cálculo" establece reactancias e "Diagrama de campo lejano" debuxa o diagrama de radiación.
Imos crear un novo ficheiro e debuxar a seguinte antena na pestaña "Geometría". Para empezar, elixe unha frecuencia de traballo de 27MHz, moi utilizada por radioafeccionados CB27:
O plano x-y representa o plano horizontal, e o eixo z a altura.
Hai que poñer un número elevado de segmentos, digamos 100, porque a caixa de conexións non se pode poñer ó principio dun segmento.
A caixa de conexión irá no extremo inferior, así que no campo "PULSE" eleximos w1b ("wire 1, beginning", "comezo do fío 1").
Sobre o radio dos elementos: Non recomendo tocar. O típico é deixalo por defecto e despois manipulalo (máis radio, menos frecuencia de resonancia nese elemento). Tamén se pode axustar o FBR manipulando o radio de certos elementos.
Agora, pasa á pestaña "Vista" e observa como queda a antena. Podes facer clic co rato e arrastrar para moverte arredor da antena:
Pasa agora á pestaña "Cálculo" e preme o botón "calcular". Pasa á pestaña "Diagrama de campo lejano":
O primeiro diagrama representa a planta e o segundo, o alzado. Pulsa a casilla "V+H" para que represente os dous campos a efectos de polarización.
Podes pulsar en puntos concretos do diagrama para obter a súa ganancia (en dBi e relativa á máxima en dB).
Tamén podes ver o diagrama en 3D pulsando sobre o botón "3D FF".
Esta tarefa hai que entregala, así que garda o traballo.
Elabora agora unha antena de dipolo simple para radio FM, que se fixará na frecuencia de 100MHz. O primeiro que tes que facer é calcular a lonxitude do dipolo.
Como é moi longa, imos poñer un radio de 25mm.
O resultado do trazado debe quedar así, coa toma de conexión para a liña de transmisión no centro:
Cando a teñas, comproba que o diagrama de radiación esté correcto.
Agora vas facer unha antena yagi axustada para o canal 35 de UHF, que ten unha frecuencia de 586MHz. Calcula a lonxitude do dipolo.
Pon a conexión no centro do segundo segmento (w2c).
Agrega 20m de altura na pestaña "Cálculo". Calcula e observa o diagrama de radiación:
Deseña unha antena yagi formada por un dipolo simple, reflector e dous directores. Debe cubrir a BV de UHF, canais 38 a 60 (606 a 780MHz). Sintonizarase á frecuencia central dese ancho de banda.
Dimensións dos elementos:
Pídese debuxar a antena en papel e trazala en MMANA-GAL. Apuntamiento en eixo +X. Capturas de pantalla de diagramas de radiación de:
a) Frecuencia central. Gmáx: ......., FBR: ........, ancho de haz a -3dB: .......
b) Frecuencia inferior. Gmáx: ......., FBR: ........, ancho de haz a -3dB: .......
c) Frecuencia superior. Gmáx: ......, FBR: ........, ancho de haz a -3dB: .......