TPIT16 - Antenas, cabeceira e rede de distribución II

Volver ó curso

Cabeceiras monocanal

Nas cabeceiras monocanal, o sinal de antena entra polo sistema de autoseparación de entradas e os canais filtrados e amplificados saen polo sistema de automezcla de saídas.

Esa técnica de conexionado chámase “conexión en Z”.

  1. Sabes porqué se entra e se sae sempre polo canal máis alto?
  2. E por que hai dous ramais? Como se identifican?
  3. En que consisten as cargas terminadoras? Que impedancia teríamos se non puxéramos nada? Que elementos se poden estropear se non as poñemos?
  4. Tamén hai unha liña de alimentación que provén da fonte de alimentación. Cal é o voltaxe habitual?

Exercicio: Calcula a potencia máxima da fonte de alimentación da figura e di se chegaría para alimentar toda esta cabeceira. Poderíase mellorar a conexión de algunha antena?

Lembra que a impedancia das antenas, do cable, dos conectores, BATs, etc é sempre de 75Ω. Ó fin e ó cabo, o conector é unha prolongación do cable.

Diagrama de bloques das cabeceiras

Diferencia entre derivadores e repartidores

En ambos hai unha soa entrada e “N” saídas. A diferencia fundamental é que no caso do derivador haberá unha saída extra que ten menos perdas que o resto (“paso”).

Os repartidores teñen “N” saídas, todas elas coas mesmas perdas, chamadas perdas de paso ou inserción (Li) (2-8dB)

Os PAU repartidores teñen dúas entradas, unha delas está inutilizada e vai a unha carga terminadora. Sirve para que o ramal da ICT que non usas non padeza desadaptación de impedancias.

Os derivadores teñen:

As BAT tamén teñen perdas. Por certo, para as perdas usamos a letra “L” do inglés “Loss”.

Os derivadores cambian de modelo aproximadamente cada dúas plantas (xa veremos por que).

Agora si, pregunta de exame: Onde se meten derivadores e onde repartidores?

Máis simboloxía


Extraído de:


Volver ó curso