Os mástiles deberán ir á terra do edificio con cable de 25mm2.
Deberíase poñer tubo de TT de 25mm, separado para as antenas (por culpa dos mástiles, que poden facer de pararraios). Non di nada na norma, pero se se enteran os enxeñeiros da Xunta, botan a obra abaixo. – Rey.
Hai que deixar 5m entre o mástil e o obstáculo máis próximo (incluídos pararraios).
Hai que deixar 1,5 veces a lonxitude do mástil ata a liña eléctrica máis próxima.
Lonxitude máxima de mástil 6m. A partir de aí obrigatorio usar torreta.
Hai que ter en conta a velocidade do vento:
Se o sistema está a menos de 20m do chan: tomamos 130 km/h.
Se o sistema está a máis de 20m do chan: tomamos 150 km/h.
Os cables serán de tipo intemperie ou protexidos os que recomenda Rey son os de - Antenas: Cable politetileno expandido reticulado (PE, PEE). (conector de compresión ou roscado) (adoitan ser negros). O cable de PVC ten unha vida de 10 anos no exterior. http://www.tdtprofesional.com/es/files/index/download/id/703/
Segundo a Norma Técnica de Edificación, deberemos ter en conta:
Separación entre antenas ≥1m. Se non podes, deixa λ (a maior das dúas).
Usaranse ventos se é necesario (3 riostras separadas 120º), con ángulo respecto a mástil >25º
Trataremos de buscar o menor momento flector (antenas de arriba abaixo de menor a maior Q). Na realidade faise ó revés, que a antena de TDT teña máis visibilidade.
Deberíase evitar a entrada de auga (tapar extremo, colocar cables correctamente, colocar cable no interior e sellar con silicona, instalar pasamuros inclinado cara fora)
Definicións:
Carga do vento, Q: Presión do vento sobre o anclaxe da antena (N).
Momento flector, M: forza que actúa sobre el extremo superior do mástil debido ás Q de todas las antenas (N/m). Pensa que Mreal < Mmáx
Exercicios de carga ó vento
Vaise instalar unha antena Televés DAT75 no tellado dunha vivenda dunha soa planta (3m). O mástil sobresae 2m, ten un diámetro de 35mm e o vento exerce unha P = 70N/m2. Calcula o momento flector no mástil e di se aguantará para Mmáx= 300 Nm.
A 7 plantas de altura (3m/planta), unha antena DAT790 se monta nun mástil de 3m de longo e 40mm de diámetro. Ademais debaixo hai unha Televés 1050. Nesa zona o vento exerce unha P = 72N/m2. Calcula se o mástil aguantará tendo en conta que soporta Mmáx=400 Nm.
Un mástil de 7m... (que pasa?)
Resumo elementos de cabeceira
Amplificadores: preamplificadores (ficha 10), cabeceiras, e amplificadores de liña.
As cabeceiras poden ser de banda ancha, monocanal ou banda anc. programables.
Parámetros: ganancia (dB que engaden ó sinal), figura de ruído (dB que engaden ó ruído ademais dos da propia ganancia) e a tensión máxima de saída.
Os mezcladores reciben distintas sinais e as distribúen por un só cable (“Y”).
Os filtros utilizados son de dous tipos:
Paso banda que só deixan pasar un canal.
Trampa, notch ou filtros supresores de canal, que son paso banda eliminada dun canal e deixan pasar os demais.
Os atenuadores utilízanse para diminuír o nivel de sinal cando é necesario ecualizar ou evitar a saturación dos equipos.
Os procesadores de canal ou conversores (de frecuencia) son equipamentos que converten un canal de entrada en outro de saída a frecuencia diferente.
Os moduladores crean un canal de RF a partir de sinais de audio e vídeo en banda base.
Un transmodulador permite distribuír os canais de televisión nas instalacións utilizando unha modulación diferente á orixinal.
A rede (de distribución) é a encargada de que o sinal da cabeceira chegue ó usuario. Fórmana: distribuidores, repartidores, derivadores, tomas de usuario (BAT) e PAU (variante do repartidor). Debe estar preparada para funcionar entre 5MHz e 2.150MHz (4.1.1 do anexo I).
As redes de distribución e dispersión se compoñen de dous cables (están duplicadas). As dúas terán ocupado unha parte do ancho de banda coa TDT (470-790MHz) e o sobrante quedará reservado para situar en cada cable de maneira alternativa os sinais procedentes dos posibles conxuntos de captación satélite (p.ex: un cable con Astra e outro Hispasat). SATÉLITE non é obligatorio na ICT. Truco de Rey: usar cables de dúas cores distintas para distinguir os ramais.
Exercicio de relacionar:
Preamplificadores
Tamén chamados amplificadores de baixo ruído (LNA, low noise amplifiers). Realizan unha amplificación previa ó equipamento de cabeceira. Parámetros:
Ganancia: Relación en dB entre a tensión á saída e á entrada. (MOITA)
Figura de ruído: Distorsión que engade en dB.
Tensión máxima de saída. (POUCA)
Colócanse no mástil aínda que cada vez máis veñen integrados dentro do dipolo da antena como por exemplo, no sistema BOSS de Televes.
Os amplificadores son elementos activos, así que hai que alimentalos dende dentro do edificio con corrente continua.
Cabeceiras
A función do amplificador é aumentar o nivel de sinal que recibe á súa entrada.
Os amplificadores de cabeceira proporcionan un nivel adecuado para compensar as perdas que se van producir na distribución. Métense en RITS, RITU, RITM
Monocanais. Televés T12. Só amplifican un canal. Son filtros paso banda activos.
Éntrase e sáese polo canal máis alto (máis frecuencia sufre máis atenuación)
De banda ancha. Non permiten seleccionar nada máis que a ganancia global. Levan repartidor porque tamén soen facer de PAU. Televés 5530.
Programables (consideradas de banda ancha a efectos de normativa). Televés Avant 5 ou Avant HD. Permiten elexir a banda pasante (canal a amplificar) e a ganancia de ata 10 filtros paso banda independentes
Os amplificadores de liña se utilizan en redes de gran tamaño cando a atenuación é elevada. Métense en RS.
O amplificador de banda ancha queda limitado con carácter xeral a un máximo de 30 tomas (non 30 PAUs).
Ollo, pero no apartado 4.3 do anexo I si que o permite se non pasas de 3dB de diferencia entre canais (o cal é obrigatorio). – Rey
Niveis voltaxe de sinal:
V<113dBµV á saída da cabeceira. Este límite existe porque parte do que estamos amplificando das antenas, emítese cara os veciños e inflúe neles.
47<V<70dBµV Nos rexistros de toma (BAT). O máximo aquí é para evitar a saturación.
Se na cabeceira temos 113dBµV e na BAT queremos ter 70dBµV, 113-70=43dB podemos deixar en perdas na rede de distribución.
Segundo a norma, entre canais da mesma natureza non pode haber máis de 3dB de diferencia por que se poderían “machacar” entre eles. Realmente isto non sucede ata chegar ata diferencias de 20dB.
A limitación de 30 tomas nas cabeceiras de banda ancha débese a que entraña moita lonxitude de cable, que presenta máis atenuación atenuación a máis frecuencia, o cal provoca diferencias de nivel entre canais (os famosos 3dB).
Nas cabeceiras monocanal pódese correxir engadindo ata 3dB de exceso ó canal máis alto. Realmente nas programables tamén, xa veredes. Nas de banda ancha non.
Extraído de:
“Configuración de Infraestructuras de Sistemas de Telecomunicaciones” – Paraninfo, 2014 (maior parte do contido)
CARGA AL VIENTO. Unión de Radioaficionados de Ourense - ea1uro.com