TPIT12 - Captación de sinais de radiodifusión terrestre

Volver ó curso

Un sistema de recepción e distribución de sinal de TV feito de acordo coa ICT divídese en tres grandes partes:

Sistema captador de sinais

A antena é o elemento transdutor encargado de converter a sinal electromagnética en sinal eléctrica que será distribuída por toda a instalación. Parámetros:

O diagrama de radiación permite obter de forma gráfica os parámetros anteriores. Has de saber que:

A ganancia nunha dirección dada é a directividade menos o factor de atenuación establecido no diagrama de radiación. P.ex: G(90º) = D - L(90º) = 15dBi - 20dB = -5dBi

O diagrama de radiación está feito á frecuencia de resonancia (á mellor posible). A curva de resposta en frecuencia permítenos identificar a ganancia (na dirección de máxima radiación) para cada unha das frecuencias de funcionamento da antena.

Un parámetro que se extrae da curva de resposta en frecuencia é o ancho de banda (BW, bandwidth). Isto é o marxe de frecuencias no que é capaz de traballar a antena. Normalmente tómase o rango de frecuencias no cal a ganancia diminúe 3dB sobre o punto máximo.

Exercicio: Calcula a lonxitude que debe ter un dipolo sintonizado á frecuencia central da TDT (entre 470 e 790MHz).

Antena Yagi

A antena Yagi: é a máis utilizada para TDT. Formada por un elemento radiante (dipolo simple, dobrado ou formas propietarias), un elemento reflector (detrás do dipolo) e un ou varios elemento directores (diante do dipolo).

Elementos de fixación mecánica: Os máis utilizados son os mátiles e torretas. As torretas utilízanse onde hai máis vento.

Antenas de radio FM

En xeral búscanse antenas omnidireccionais xa que a radio ven de varias estacións. Hainas dos seguintes tipos:

Antenas de radio DAB (Digital Audio Broadcasting)

Utilízanse antenas yagi co dipolo máis grande que as da TDT aínda que con menos elementos.

Antenas de TV satélite

O reflector parabólico guía toda a radiación cara un punto no que se atopa a sonda ou monopolo que capta a enerxía.

O ruído das antenas

Hai varios tipos de ruído pero que máis afecta á TDT é o ruído térmico (axitación dos electróns). Chámase tamén ruído branco porque afecta por igual a tódalas frecuencias.

$$N=k\cdot T \cdot BW$$

Exercicio: Calcula o ruído térmico xerado por unha antena TDT (BWtotal = 320MHz, BWcanal = 8MHz) se este inverno non fai frío (17ºC). E agora... pásao a dBµV (Z=75Ω).

Preamplificadores

Tamén chamados amplificadores de baixo ruído (LNA, low noise amplifiers). Realizan unha amplificación previa ó equipamento de cabeceira. Parámetros:

Colócanse no mástil aínda que cada vez máis veñen integrados dentro do dipolo da antena como por exemplo, no sistema BOSS de Televes.

Os amplificadores son elementos activos, así que hai que alimentalos dende dentro do edificio con corrente continua.

Apuntamento de antenas

Apuntar una antena TDT. Hay que orientarlas hacia el repetidor más cercano. Muy fácil: Sólo necesitas el ángulo de azimut, que son los grados de giro medidos desde el norte.

Apuntar una antena satélite. Más difícil. Necesitas elegir un satélite (Astra, Hispasat, Hotbird), conocer ángulos de azimut, elevación, y giro del LNB (cabezal de la antena). http://www.diesl.com/azimut/

PRÁCTICA 1: Monta sobre la torreta del exterior un equipo de captación terrestre completo (TDT, FM, DAB). Cablea cada antena al mezclador y al cable general que entra en el aula.

Dentro del aula, manda alimentación DC a la antena y conéctale un derivador y CADA UNO hará una instalación de PAU + 4 tomas.

PRÁCTICA 2: Apunta una antena satélite a ASTRA 19.2º 1KR 1L 1M 1N. Aparece como 1HKLMR en la página http://www.diesl.com/azimut/


Extraído de:


Volver ó curso