04. Instaladores de telecomunicación

Volver ó curso

As empresas que realicen actividades no ámbito de telecomunicacións (instalación ou mantemento) deben inscribirse no Rexistro de Instaladores de Telecomunicación creado na Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información (SETSI). Para poder efectuar a inscrición a empresa debe dispoñer dun titulado competente.

Lembra: Os instaladores de teleco que realizan instalación e mantemento de ICT deben habilitarse para instalacións de tipo A ou F (nova xeración) e dispor como mínimo dos equipos de medida adecuados.

Rexistro de instaladores de telecomunicación

Persoas físicas e empresas ou entidades que teñan condición de instaladores habilitados e queiran exercer. Teñen que cumprir os requisitos e ademais presentar a declaración responsable. Os requisitos son:

Tipos de empresas instaladoras

TIPO A: Infraestruturas de telecomunicación en edificios ou inmobles. Neste grupo:

TIPO B: Instalacións de sistemas de telecomunicacións. Neste grupo:

TIPO C: Instalacións de sistemas audiovisuais (de ata 40kHz en audio e ata 10MHz en video):

TIPO D: Instalacións de centros emisores de radiocomunicacións (emisores e reemisores de radiodifusión, telefonía móbil, redes inalámbricas de exteriores).

TIPO E: Instalacións de telecomunicación en vehículos móbiles. Inclúese todo o do tipo D cando se realice en vehículo móbil.

TIPO F: Instalacións de infraestruturas de telecomunicación de nova xeración e redes de telecomunicacións de control, xestión e seguridade en edificacións e conxuntos de edificacións. Inclúense tódalas instalacións de ICT executadas mediante tecnoloxías de acceso ultra-rápidas.

Tecnoloxías de acceso ultrarrápidas inclúen: fibra ótica, cable coaxial e pares trenzados categoría 6 ou superior.

Equipamentos mínimos

TIPO A:

TIPO B: Multímetro, medidor de terra, medidor de illamento e analizador/certificador de redes de telecomunicación si se traballan redes de datos ou comprobador de enlaces si se traballan centralitas privadas de aboado.

TIPO C: Sonómetro, multímetro, medidor de illamento, medidor de terra, medidor de intensidade de campo con pantalla e posibilidade de realizar análise espectral e medidor de impedancias en audiofrecuencia.

TIPO D: Frecuencímetro, watímetro, multímetro, medidor de terra, analizador de espectro, carga artificial e analizador de radiocomunicacións.

TIPO E: Equipos de rango e precisión de medidas adecuados, que incorporen as funcionalidades de medida dos aparellos sinaladas nos tipos anteriores, dependendo da instalación e a clase do vehículo no que se efectúe, con excepción do medidor de illamento.

TIPO F:

Exercicios

  1. Mediante que proceso un instalador se inscribe no Rexistro de Empresas Instaladoras de Telecomunicación?
  2. Cal dos seguintes equipos non se inclúe entre os medios técnicos mínimos que debe dispoñer un instalador de telecomunicacións tipo A?
  3. Para ser instalador tipo F:
  4. Di que tipo de empresa instaladora (A, B, C...) vai con cada instalación proposta:

Exericios repaso tema

  1. Que persoa realiza a acta de replanteo dunha ICT?
  2. Cal das seguintes titulacións debe ter unha das persoas que traballen na túa empresa instaladora?
  3. É obrigatoria a instalación de fogares dixitais en edificios de nova construción?
  4. Unha das novedades máis relevantes do novo regulamento das ICT é a incorporación de:
  5. Que servizo da ICT se utiliza menos en España?
  6. Quen debe realizar o PT dunha ICT?
  7. Cal dos seguintes equipamentos necesita exclusivamente un instalador de telecomunicacións dedicado á instalación de ICT de nova xeración?
  8. Cantos tipos diferentes de instaladores de telecomunicación define o regulamento ICT.
  9. A que tipo de instalador se corresponde aquel que realiza instalacións de ICT de nova xeración e redes de telecomunicacións de control, xestión e seguridade en edificacións ou conxuntos de edificacións
  10. Cando é obrigatoria a dirección de obra na execución dunha ICT?

Extraído de:


Volver ó curso