II07b - Película: Piratas de Silicon Valley

Volver al curso

Piratas de Silicon Valley é unha película/docudrama baseado no libro “Fire in the Valley: The Making of The Personal Computer” escrito por Paul Freiberger e Michael Swaine. Narra as historias paralelas de Apple e Microsoft nos anos 70-80 ata a súa reconciliación no ano 97. Trailer:

Cres que os grandes inventos foron feitos por xente moi intelixente? A roda foi creada por un gran inventor? Pensa outra vez. A roda foi inventada por unha persoa que non tiña ganas de arrastrar cousas.

Todo foi inventado por xente que non era máis intelixente ca ti.” – Steve Jobs

“Mentres miramos adiante cara o século vindeiro, dámonos conta que os líderes serán persoas capaces de motivar a outros.” – Bill Gates

Empresas e personaxes principais:

Historia de Apple - cara o primeiro ordenador doméstico

Steve Jobs era amigo de Steve Wozniak. Como Wozniak era afeccionado á electrónica, movíase moito no que hoxe se chaman “makers”, clubs “homebrew” ou “hackerspaces”, lugares de encontro de frikis que comparten as súas creacións.

John Draper, alias “Captain Crunch” deseñou un xerador de tonos para chamar gratis por teléfono. Simulaba a frecuencia de 2,6kHz que utilizaban os códigos de AT&T para autorizar chamadas internacionais. Jobs e Wozniak colaboraron con el para a fabricación e distribución do trebello.

Cando o Apple I, Wozniak traballaba a tempo parcial en HP e tiña firmada un compromiso de exclusividade. Como era honrado, foi falar co seu xefe facer participar a HP dos beneficios do “ordenador doméstico”. O xefe non o tomou en serio e firmoulle unha renuncia de participación.

No garaxe de Steve Jobs fabricouse o Apple I coa axuda de amigos e veciños. Tamén se fixo alí o deseño do Apple II, que se vendería durante 17 anos.

O Apple II foi un ordenador extremadamente rentable e popular nos anos 80. Tanto é así que se vendían clones de outros fabricantes e incluso kits para facerte o teu na casa co soldador (molaría facelo en clase...). Aínda que non alcanzaba a potencia do Mac, chegou a ter unha interface gráfica de ventás.

Steve Jobs tiña un odio extremo por IBM. Creía que para motivarse necesitaba un inimigo e encontrouno en IBM. Comparábao co “Big Brother” da novela “1984” de George Orwell. Considerábaos unha panda de estirados. Dicía: “É mellor estar cos piratas que alistarse na Mariña.”

Esa estratexia aplicábaa tamén dentro da súa empresa, cando enfrentaba ós enxeñeiros de Lisa cos do Apple II, ou máis tarde cando creou un equipo de alto segredo para deseñar o primeiro Macintosh.

Steve Jobs, cando xa abandonara a carreira pero seguía pola universidade, realizou un curso de caligrafía no Reed College. Estaba tamén iniciándose no budismo: ía a clase descalzo, coa cabeza afeitada. A caligrafía outorgoulle habilidades que moitos anos despois servirían para mellorar a GUI de Xerox aplicándolle tipografías realistas en lugar de as típicas monospace.

Tras deixar a universidade, Jobs entrou a traballar en Atari e creou o xogo ”Breakout” coa axuda de Woz. Aproveitou para gañar moitos cartos que ocultou a Wozniak.

A debacle no momento máis alto

Co éxito do Apple II, a compañía estaba consolidada. Pero Jobs quería ir máis lonxe, tiña en mente a seguinte innovación da informática doméstica, e quería ser o primeiro en lanzala.

A GUI (Graphic User Interface) abarca tecnoloxías como o entorno de ventás, o rato, e as tipografías avanzadas. Esta innovación foi obtida do Xerox PARC (Palo Alto Research Center). Realmente non foi roubada, xa que Steve Jobs conseguiu ser invitado por Xerox a cambio dun paquete de accións de Apple. Na foto podes ver o Xerox Alto, fíxate que tiña a pantalla en modo “retrato”.

O Macintosh, por desgracia tamén supuxo un paso atrás en moitos aspectos: escasa RAM, só unha ranura de diskette (sen disco duro, claro), falta de conectividade, escaso software de lanzamento por parte de terceiros (só Microsoft axudou) e prezo aínda moi elevado.

As ventas non foron como se esperaba e o consello de administración, dirixido por John Sculley como CEO (Chief Executive Officer), puxo a Steve Jobs nunha situación na que tivo que abandonar a empresa. Sculley era unha figura relevante para Steve. Fichouno el mesmo, conseguindo que abandonara Pepsi.

Máis tarde, cando Steve descubriu que Bill Gates lle roubara moitas innovacións do Macintosh xustificouse dicindo "Ti e máis eu somos dous rapaces que tiveron un veciño rico –Xerox– que deixou a porta aberta todo o tempo. E ti entraches para roubarlle a súa TV”. (Esta frase foi parcialmente desmentida por Bill Gates). Era igual, intrigas aparte, estes personaxes, históricos todos eles, conseguiron...

…transformar unha evolución técnica nunha revolución cultural.

Outros temas controvertidos nesta historia son as xornadas de 90h semanais e a paternidade de Steve Jobs.

 Historia de Microsoft - democratizando a informática

Vó vou incidir nos puntos máis importantes desta historia:

Para saber máis

Máis información sobre a película en Wikipedia.

Outras películas:

Vídeos:

Citas relacionadas:

“Stay hungry, stay foolish.” – Steve Jobs

“Se espero, perderei a audacia da xuventude.” – Aleixandre Magno

“Conseguírono porque non sabían que era imposible.” – Jean Cocteau


Preguntas para entregar

Envíame por e-mail as respostas ás seguintes preguntas:

  1. Indica o sistema operativo que ven instalado de fábrica neste hardware:
  2. Bill Gates definiu moi ben o papel de Xerox nesta historia. Explícao coas túas palabras.
  3. Que quere dicir a frase “É mellor estar cos piratas que alistarse na Mariña.”?
  4. Que é un PC clónico?
  5. Explica detalladamente cal é o trato entre IBM e Microsoft.
  6. Por que a John Sculley lle resulta tan difícil despedir a Steve Jobs?
  7. Investiga sobre o que fixo Steve Jobs nos anos fora de Apple (1985 - 1997)
  8. Ó principio e ó final da película aparece o momento no que Steve Jobs volve a tomar o control de Apple en 1997. Aparece reconciliandose con Bill Gates en directo e anunciando tratos para que Office e outras aplicacións cheguen á plataforma Mac. Por que o abuchean? Foi unha decisión acertada?

    Preguntas voluntarias:

  9. Busca algún club “maker” na túa zona ou na Coruña.
  10. Que é unha startup tecnolóxica? Que opinas dese mundo? Sabes que en Galicia existen viveiros de empresas?
  11. Que opinas das trabas que poñen os bancos para dar financiación a este tipo de proxectos? Cres que hai algunha solución?

Volver al curso